A DEPUTACIÓN APROBA A ADHESIÓN DE 38
CONCELLOS E A ADXUDICACIÓN DE 1795 PRAZAS DO PROGRAMA COIDARTE DE TERMALISMO
SOCIAL
·
Os
balnearios que os acollerán son os de Palacio da Auga, en Mondariz; Talaso, en
Oia; Termas de Cuntis; Talaso de Moaña; Illa de A Toxa; e Vía Argentum, de
Silleda.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de
Pontevedra aprobou o venres, na súa xunta de goberno a adhesión de 39 concellos
da provincia ao programa de Termalismo Social Coidarte 2015 e adxudicou 1.795
prazas deste programa que vai dirixido a pensionistas, persoas solicitantes dun
respiro familiar e outras persoas maiores de 50 anos.
Coidarte téncomo obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a
calidade de vida dos beneficiarios así como impulsar a creación e mantemento do
emprego no sector turístico nos períodos de menos actividadedeste sectorpara desestacionalizar a demanda.
Oferta balnearios, spas e talasos da provincia a prezos reducidos,
cunha subvención da Deputación á que se suma a dos 38 concellos adheridos. Os
beneficiarios gozan de 5 días consecutivos (de luns a venres) no balneario,
facendo uso das súas instalacións durante dúas horas cada día.
Os concellos adheridos son os seguintes:
Agolada
|
Covelo, O
|
Marín
|
Ponte Caldelas
|
Silleda
|
Arbo
|
Cuntis
|
Meaño
|
Pontecesures
|
Soutomaior
|
Barro
|
Estrada, A
|
Meis
|
Porriño, O
|
Tomiño
|
Caldas de Reis
|
Forcarei
|
Moaña
|
Portas
|
Tui
|
Cambados
|
Fornelos de Montes
|
Moraña
|
Redondela
|
Valga
|
Cangas
|
Gondomar
|
Nigrán
|
Rodeiro
|
Vilanova Arousa
|
Catoira
|
Grove, O
|
Pazos de Borbén
|
Rosal, O
|
|
Cotobade
|
Guarda, A
|
Poio
|
Salceda de Caselas
|
Pola súa banda, os
balnearios que acollerán aos 1.795 beneficiarios son os de:
PALACIO
DEL AGUA MONDARIZ- BALNEARIO
|
BALNEARIO
TERMAS DE CUNTIS
|
BALNEARIO
ILLA DA TOXA
|
TALASO
ATLANTICO- OIA
|
TALASO
SPA MOAÑA
|
VIA
ARGENTUM -SILLEDA
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario