CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CUNHA HOMENAXE A UNHA PERSOA MOI ESPECIAL: EDUARDO PÉREZ MÍGUEZ
Presentarase e repartirase entre os asistentes, o libro titulado Memoria de Oia, Conversas con Eduardo Pérez Míguez
ACAMO / Oia
Dende ACAMO, en colaboración coa Comunidade de Montes de Oia, invitamosvos á celebración do Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Oia, dunha manera moi especial.
Presentarase e repartirase entre os asistentes, o libro titulado Memoria de Oia, Conversas con Eduardo Pérez Míguez , no que se recolle a transcripción das grabacións efectuadas a Eduardo, e nas que, este veciño de Oia desgrana os seus recordos ó longo da súa vida, a súa condición de emigrante na República Dominicana e en Suiza, a súa época de traballador na desparecida fábrica viguesa de Reyman, as súas alegrías e penas, a súa participación na fundación do Partido Socialista de Oia e A Guarda, a súa época de sacristán no tempo en que o mosteiro de Oia foi cárcel dos presos republicanos durante a guerra civil, cun detalle que emociona.
O libro conta, nas súas ilustracións, cunha aportación de gran interés. Xestións realizadas por veciños de Oia residentes en Cataluña permitiron que a filla de un dos presos que estiveron en Oia en 1939 cedese para a publicación, os debuxos que seu pai realizou durante a súa estancia e que se publican por primeira vez, e que son un auténtico testimonio gráfico das durísimas condicións da vida dos presos. Neste apartado ofrécese tamén un resumo dos “grafitos” do mosteiro e algúns debuxos dun preso asturiano en Camposancos na guerra civil.
O acto servirá para homenaxear a Eduardo, unha persoa comprometida sempre co seu pobo, xa que tamén foi cofundador da Comunidade de Montes, e concelleiro no Concello de Oia, e que nos cedeu os seus recordos para que sigan formando parte da nosa memoria colectiva.
O evento contará coa participación de diferentes personalidades da política municipal e comarcal e a colaboración do grupo Tra-lo-mosteiro e os gaiteiros de Ventos do Valdarca




Ningún comentario:
Publicar un comentario