CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PRESENZA DE PORCOS BRAVOS
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega en A Guarda ven de comunicar o Concello de A Guarda, SEPRONA e Cultura e Patrimonio, da Xunta de Galicia, da presenza de porcos bravos en varios lugares do termo municipal, no soio no Monte Santa Trega, senón a carón mesmo de vivendas próximas ás rúas Circunvalación e A Cal. A comunicación de Converxencia Galega di o seguinte:
¡¡ALERTA NAS RÚAS CIRCUNVALACIÓN E A CAL!!
Dende fai bastante tempo, na nosa
localidade, do mesmo xeito que noutros lugares, que cada vez son máis, estamos
sufrindo a invasión de camadas de xabalís, que están provocando desfeitas nas
leiras, destrozando o sembradío, dando sustos a viandantes e transeúntes en
distintos puntos da nosa localidade, sendo unha sorte que a a día de hoxe non
haxa ocurrido un altercado serio.
Cada día que pasa, é máis notoria a
presencia de xabalís no Monte Santa Trega, donde nalgúns lugares se pode
observar como en restos castrexos e en muros de leiras están reflexadas as súas
actuacións, sendo un alto risco para aqueles que pasean polos atallos, e mesmo
para os vehículos.
Nestes últimos días, temos recibido a
queixa da presencia dos mesmos nalgunhas leiras da parte traseira de vivendas
das rúas Circunvalación e A Cal, ca consiguinte alarma, e mesmo co feito de
algún menor que estaba na baixo, na “chabola” e intentou ir hacia él, pensando
que sería un can, co risco que isto conleva na aproximación, e o susto para os
maiores que por sorte, reaccionaron a tempo.
Dende Converxencia Galega, queremos
chamar a atención das autoridades, para que se tomen as medidas oportunas en
distintas direccións: por unha banda,
que se actue sobre a protección dos restos castrexos que nalgúns sitios
están quedando o descuberto sin ningún tipo de control.
A xa reclamación reiterativa de que non
se siga “castigando” a quenes traballan as leiras perdendo o semeado que teñan
realizado, e por último e máis importante, que se actúe para evitar que non só
se estén dando situación de sustos, senón que se faga algo denantes que haxa
que lamentar algunha desgracia, tanto no rural como no urbano.
A Guarda, a 08 de maio do 2.015
Xosé María
Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Concello de A Guarda – SEPRONA (Tui) – Cultura e Patrimonio (Santiago)

Ningún comentario:
Publicar un comentario