9 de maio de 2015

O ROSAL

PROPOSTAS DO PSdeG-PSOE PARA AS ELECCIONS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO DE 2015
Julio Estévez Rodríguez, candidato á Alcaldía do Rosal, polo PSdeG-PSOE


TRANSPARENCIA E DEMOCRACIA
● Orzamento participativo e control posterior con partidas por parroquias e barrios.
● Mellora do funcionamento dos servizos municipais de xeito público e sen externalizacions.
● Desterrar totalmente das institucións a corrupción, favoritismo e caciquismo.

ADMINISTRACIÓN LOCAL
● Reforma e Reestructuración do Concello, para polo ao servizo dos veciños.
● Salarios e pagos a Alcalde e concellais equiparables a obreiros cualificados. A diferencia adicarase a asuntos sociais.
● Eliminación das taxas os veciños por trámites Municipais.
● Oficiña de Información e xestión veciñal, para colaboración con Colectivos, Comunidades e Comisions de Festas.
● Esixiremos a Facenda cos xubilados e retornados non paguen o imposto de IRPF, xa o pagaron na vida laboral. Que paguen por rentas do capital como as SICAV.
● Rexeitaremos a privatización do rexistro civi, as multas administrativas e mais os  desahucios.

PROTECCION E SEGURIDADE
● Separación do Corpo da Policía Local das tarefas administrativas.
● Exercitar as súas competencias en vixilancia e control de tráfico; de maltrato e abandono de animais; de vertidos de lixo.
● Mellorala peatonalización de rúas concurridas por viandantes, as aceras e a sua siñalización.

INFRAESTRUCTURAS E SERVICIOS
● Creación dun mercado ou feira periódica como antigamente domingos e festivos mais o 18 de cada mes.
● Sacar adiante a humanización e acondicionamento da carretera da Guarda-Fornelos con polo menos unha dotación de acera para dar seguridade os viandantes.
● Ampliación das áreas de recreo do colexio da Mata.
● Promoveremos o aumento da regularidade de horarios do Bus polos barrios e creación dun servicio de transporte nocturno de fin de semana.
● Modificación do modelo actual do boletín municipal para acadar un máis participativo e plural.
● Reparación da actual liña de sumidoiros (pra separar pluviais de fecais) na que verten as augas pluviais nas  fecais así como nas que hai filtracións.
● Reorientaremos o consumo eléctrico do municipio aforrando  ate un 80% do mesmo.
● Esixiremos as operadores comunicación avanzadas pros veciño (fibra óptica).

URBANISMO
● Presentar na Consellería do Territorio terreos Municipais para construccions de vivendas sociais.
● Dotar as Xuradías de dependencias, ornamentación e luminosidade, de xeito escalonado.
● Mellora da Praza do Calvario.
● Levaremos a concentración parcelaria o Monte.  Solución os matos Xa!
● Repararemos as fontes e lavadoiros.
● Catalogaremos e conservaremos o Patrimonio Artístico e Histórico.

BIENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
● Por en marcha o comedor para o colexio da Mata.
● Defenderemos a igualdade de oportunidades para a muller.
● Apoiaremos as mulleres emprendedoras.
● Levaremos a cabo programas destinados a conciliación familiar.
● Ampliación dos horarios da Gardería Municipal para dar cobertura as necesidades reais dos pais.
● Promoción activa na integración de persoas con discapacidades.
● Establecer protocolos de detección precoz de casos de desproteccón de menores.
● Creación e implantación dun Plan Xeral contra a violencia de xénero e fomento da Conselleria de Igualdade.
● Apoio o medio natural e ecolóxico.

DEPORTE
● Fomento das escolas deportivas no concello.
●Fomento das actividades o aire libre e xogos tradicionais.
● Colaboración cos colectivos e clubs deportivos para a mellora dos seus obxetivos.

CRECEMENTO ECONÓMICO E LOITA CONTRA O PARO
● Posta en marcha do póligono industrial actualmente paralizado.
● Potencias e fomentar a Agricultura Ecolóxica e a industria derivada, con mercado de productores e comercio local.
● Potenciar e promocionar os productos do Agro, o cooperativismo e as axudas o sector.
● Apoiaremos a contratación de persoas discapacitadas ou con minusvalías, de forma activa.
● Mellora da oferta da escola taller en materia de Xardineria, Turismo, Hortofruticultura, Protección Medioambiental, creación de cooperativas e sociedades anónimas laborais.
● Incorporación dos parados cualificados na impartición de cursos formativos.
● Fomentala creación de microempresas cas axudas da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo (FSE).
● Creación de “bolsas de emprego local” transparentes atendendo as especiais dificultades e necesidades dos mesmos.
● Bonificación no IBI para as familias máis desfavorecidas e incremento para as vivendas desocupadas.
● Bonificación no IAE pros autónomos e PIMES que contraten parados diste concello.
● Rexeitaremos a nova valoración Catastral do IBI urbano e mais Rústico.

SANIDADE, EDUCACIÓN E CULTURA.
● Manter unha puntual mellora e mantemento dos edificios e infraestructuras municipais.
● Colaboración na creación dun equipo especial para axudar os alumnos con “necesidades educativas especiais” e que den servicio o colexio da Mata.
● Traballar na procura inmediata de dotar dun patio cuberto pra o colexio da Mata.
● Abrir as aulas de preescolar polas tardes.
● Colaboración para o mantemento de tódalas festas tradicionais.
● Manter unha colaboración constante cos coletivos médicos, país e alumnos; na procura de ter cubertas as suas necesidades.
● Cobertura de Urxencias no Rosal.
● Ambulancia Medicalizada para a zona.
● Ampliación do Centro de Saúde e con incorporación de especialides en (xinecoloxía, traumatoloxia ou dermatoloxía).
● Contratación dun psicólogo para dar servicio o centro escolar mais o Centro de Saúde.
● Colaboración para un correcto acondicionamento dos centros escolais e arranxo do pavillón do colexio da Mata.
● Ampliación do horario da Biblioteca Municipal.
●Esixiremos a SS.SS. cos xubilados non paguen a porcentaxe das menciñas  que están pagando.
● Esixiremos a SS.SS. menciñas pros doentes sen restriccions.

XUVENTUDE
● Creación da Casa da Xuventude con zoas de ocio e recreo.

● Potenciación das políticas de emprego que eviten que os nosos xóvenes teñan que marchar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario