HOCKEI LIÑA
VICTORIA DO EQUIPO MASCULINO E REVESES DOS EQUIPOS DE FÉMINAS DE A GUARDA HOCKEY LIÑA
Foto de familia de xogadoras de A Guarda Hockey Liña xunto coas súas adversarias na pista - Foto:A Guarda Hockey Liña
A Guarda Hockey Liña
Desigual sorte para os equipos masculino e feminino trala sede deste domingo 24 de maio.
O equipo masculino acadou unha traballada victoria por 10-2 ante o Brigantium a pesares das numerosas baixas, foi un partido moi físico no que os da Guarda afrontaron con decisión dende o primeiro minuto.
Pola contra o equipo feminino recibiu dúas derrotas, a primeira por un total de 16-0 fronte o CHL Meigas de Lugo. Dende o primeiro minuto de encontro o equipo lucense amosou un estado de forma superior, con largas posesións e ataques constantes. A pesares de todo as da Guarda non baixaron os brazos ata o pitido final.
No segundo partido fronte a Alquimia InLine da Coruña as rapazas amosaron o seu potencial defensivo conseguindo aguantar o 1-0 en contra na meirande parte do partido, en boa medida pola gran actuación de Zaira ocupando a portería. As guardesas conseguiron un valioso empate tralo que encaixaron catro goles mais para remata-lo encontro con un 5-1 no marcador, demasiado castigo para o acontecido no parquet do Palacio dos Deportes da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario