CONCHI ORTEGA, CANDIDATA Á ALCALDÍA DE A GUARDA POLO PARTIDO POPULAR, MANTIVO UNHA REUNIÓN CO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Pérez Ares confirmoulle que a obra da cuberta do patio no Colexio a Sangriña xa foi adxudicada esta semana por un valor de 30.064,00 euros, e que en breve comezarán as obras
Conchi Ortega, candidata á Alcaldía de A Guarda polo Partido Popular
Infogauda / A Guarda
A candidata á Alcaldía de A Guarda polo Partido Popular, Conchi Ortega, "(...) preocupada pola situación de varias obras pendentes que lle reclamaron estes días pais de alumnos no CEIP A Sangriña y CEIP Rodríguez Sinde, solicitou reunirse co Xefe Territorial da Consellería de Educación, César Augusto Pérez Ares".
Segundo pudo saber Infogauda "(...) no transcurso da reunión, Pérez Ares confirmoulle que a obra da cuberta do patio no Colexio a Sangriña xa foi adxudicada esta semana por un valor de 30.064,00 euros, e que en breve comezarán as obras.
No caso do Colexio Manuel Rodriguez Sinde tamén lle foron concedidos 6.000 euros para o arranxo pendente do canalón.
Contando con estas dúas obras a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investiu máis de 700.000 euros nos colexios públicos de ensino básico e secundario de A Guarda dende o ano 2009.
Esta reunión mantida por Ortega co Xefe Territorial de Pontevedra desta Conselleria, produciuse no marco de outras reunións con cargos da Xunta de Galicia, co único obxectivo de preocuparse polos problemas reales dos veciños da Guarda. Son feitos e non intencións o que está facendo a nosa candidata Conchi Ortega".
Ningún comentario:
Publicar un comentario