A
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVESTIRÁ 153.000 € NA RENOVACIÓN DO CÉSPEDE DO CAMPO
DE ÁLVAREZ DURÁN EN TUI
·
A xunta de goberno aprobou
investir 153 mil euros na mellora destas instalación deportivas da parroquia de
Randufe
Infogauda / Tui
Na xuntanza celebrada onte venres, a Deputación acordou financiar
con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015(PPOS) a substitución do
actual céspede artificial do campo de fútbol de Álvarez Dúran por outro de última xeración.
Ubicado nas instalacións deportivas
Álvarez Durán, o campo foi construido hai 9 anos. Na actualidade, o estado do
terreo de xogo está moi deteriorado por mor do intenso uso que se fai del. Cun
orzamento de 153.196€, as obras recollen a reposición do céspede por outro que
permita que a práctica deportiva se realice nas mellores condicións de
seguridade e confort.
O proxecto aprobado na xunta de
goberno provincial tamén recolle a realización de outros traballos
complementarios para acabar coas filtracións de auga que danan o recheo do terreo
de xogo. As escorrentías detectadas na esquina superior do campo de fútbol
provocaron un desnivel que se quere arranxar con esta actuación. Será necesario
consolidar o noiro e os muros de contención que delimitan o campo de fútbol.

Ningún comentario:
Publicar un comentario