17 de abr. de 2015

TUI

O BNG-Asembleas Abertas de Tui presentará a súa candidatura este sábado




Infogauda / Tui

 Este sábado 18 de abril, ás seis e média da tarde, na Sala Félix Rodríguez, da Área Panorámica, o BNG-Asembleas Abertas de Tui fará a presentación da súa lista completa de candidatos e candidatas ao goberno municipal nas eleccións do 24 de Maio próximo. Trátase dunha candidatura encabezada pola médica Carme Núñez e na que inclúe unha maioría de nomes que, sen seren militantes do BNG, se incorporaron á candidatura a través das Asembleas Abertas; caracterízase polo tanto pola profunda renovación con respecto a convocatorias anteriores. 

 O acto é público e nel, ademais da presentación de todos os candidatos e candidatas, terá lugar unha charla colóquio sobre “Concellos do BNG premiados internacionalmente”, onde se contará coa presenza de Luís Bará, concelleiro de Centro Histórico e mobilidade de Pontevedra e Sandra González, Alcaldesa de Tomiño. 

 O Concello de Pontevedra ten recibido ultimamente varios premios internacionais relacionados coa contribución para el desenvolvimento humano e urbano. Entre eles o outorgado pola ONU en Dubai. 

 O Concello de Tomiño, tamén gobernado polo BNG, obtivo entre outros o premio de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicef, valorando proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario