17 de abr. de 2015

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RECAUDOU PARA OS CONCELLOS, DENDE 2009, UN TOTAL DE 8,5 MILLÓNS € AO PERSONARSE COMO ACREEDOR  EN 679 PROCEDIMENTOS CONCURSAIS
Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
 Infogauda / Pontevedra

 Dende o ano de 2009, o ORAL - o Organismo para Recadación de Arbitrios Locais da Deputación de Pontevedra - compareceu como acreedor -representando aos concellos que teñen delegada a súa xestión tributaria nel - en 679 Concursos de Acreedores que supuxeron ingresos de 8,5  millóns € para os devanditos concellos, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

 Nos últimos anos, moitas empresas de Galicia e de fora dela non puideron facer frente aos pagos pendentes e outras débedas e recurriron á declaración de insolvencia e á convocatoria dun concurso de acreedores.

 Na provincia de Pontevedra, dende o ano 2009, o ORAL personase como acreedor nos procedimentos concursais de empresas da provincia e de fora dela en representación dos concellos que delegaron na Deputación a recadación dos seus tributos municipais. A súa intervención logrou óptimos resultados para as arcas da práctica totalidade dos concellos pontevedreses.

 Dende o mencionado ano, obtiveronse ingresos por valor de 8,5 millóns en 679 concursos de acreedores. Dos 679 procedementos, 238 están concluidos e 70 en fase de convenio, de tal xeito que a día de hoxe cumpren as fases de ingreso da débeda.

 O resume das magnitudes dos concursos das empresas que acudiron a esa fórmula por débedas con concellos,  é o seguinte:

Ejercicio
DECLARADOS
CONCLUÍDOS
EN CONVENIO
COBRADO:
2009
96
9
3
1.799.959,80
2010
87
13
10
2.016.206,30
2011
125
38
7
1.432.948,51
2012
131
55
14
1.156.948,55
2013
141
61
21
990.766,41
2014
99
52
15
1.094.712,68
TOTAL
679
238
70
8.491.542,25

 Este servizo do ORAL foi moi ben valorado polos concellos afectados pois "sin a intervención do ORAL, estes cobros serían menores ou non se producirían", manifestou Louzán.
Á baixa dende 2012
 Según explicou, onte mesmo a Deputación orgaizou unha xornada de traballo con interventores e técnicos dos concellos da provincia para asesoralos e informalos en relación aos concursos de acreedores.

 O crecimento concursal en Galicia e Pontevedra non sigueu exactamente a mesma cadencia pois, según datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), os procedimentos concursais experimentaron unha apreciable tendencia á baixa a partir de 2012. Os deudores concursados (voluntarios e necesarios) foron:


TOTAL
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008

NACIONAL
7.038
9.937
9.071
6.863
5.962
6.197
3.298

GALICIA
460
552
559
452
340
350
200

PONTEVEDRA
178
201
224
200
161
157
100

Ningún comentario:

Publicar un comentario