O PARTIDO POPULAR PRESENTOU SÚA CANDIDATURA PARA ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS
Esteban González Miranda, candidato á alcaldía do Concello de Tomiño salientou como prioridades: Saneamiento, Emprego, Servicios Sociais e Educación
Infogauda / Tomiño
Na tardiña do domingo día 26 de abril, na Casa da Cultura de Tomiño - totalmente ateigada de público procedente de tódalas parroquias do termo municipal -, tivo lugar á presentación da candidatura que o Partido Popular presenta para ás Eleccions Municipais do vindeiro 24 de maio, e que encabeza Esteban González Miranda.
A candidatura está formada por 24 mulleres e homes xóvenes, ilusionados e orgullosos de vivir e poder traballar por Tomiño.
O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Esteban González Miranda salientou ás prioridades de Tomiño: Saneamiento, emprego, Servicios Sociais e Educación.
Esteban González Miranda e tódolos membros da candidatura do Partido Popular de Tomiño, en presencia de Rafael Louzán Abal, presidente provincial do PP
Compre salientar a importante renovación que desde fai catro anos levou a bo termo o PP de Tomiño, feito que queda de manifesto nesta candidatura que desde un primeiro intre conta co apoio de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, que tamén estivo no acto de presentación, o igoal que o deputado autonómico Javier Dorado e o Director Xeral Administraciòn Local, Alberto Pazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario