O programa A Revista FDS, da TVG tratará sobre o fotógrafo Joaquín García Portela "Costiña"
Joaquín García Portela repasando un filme na cabina do Cine Ideal, de A Guarda
Foto: Arquivo familiar
Infogauda / A Guarda
A Revista FDS, da TVG, que se emitirá este sábado día 18 de abril, ás 12:30 h., tratará sobre o fotógrafo Joaquín Garcia Portela (A Guarda, 18 de febreiro de 1894 - 14 de xullo de 1957), sobor do cal falarán dúas das súas netas.
Neste programa matinal inclúense reportaxes - nún dos cales se tratará sobor do Proxecto Socheo, con entrevistas a Beli Martínez e a Tito Chirro - e conexións en directo con moitos lugares do territorio galego, sempre á busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia.
Fotograma de unha das películas de Joaquín García Portela
María Solar presenta este informativo que se emite os sábados e domingos na Televisión de Galicia.


Ningún comentario:
Publicar un comentario