10 de abr. de 2015

SOCIEDADE

A CANTAUTORA MARÍA JOSÉ BAZ, DE A GUARDA, ACTUOU EN CANAL VÍA TV

Foi no programa "Vía libre", que se emitirá novamente este sábado ás 11:00 horas, e o vindeiro luns, ás 12:30 horas. 

Infogauda / A Guarda

 A cantautora guardesa María José Baz Martínez ven de actuar no programa "Vía libre", de Canal Via TV que se emitiu o venres día 10 de abril, ás 22:15 horas, e voltaráse a emitir este sábado, ás 11:00 horas, e o vindeiro luns, ás 12:30 horas. 




 "Vía libre" e un programa tipo magazine, con entrevistas e cancions, que nesta ocasión estiveron á cárrego de María José Baz, cantautora de A Guarda. 

 Na súa participación no devandito programa televisivo, María José Baz interpretou, en primeiro lugar a canción "Crepúsculo mental". Logo sería entrevistada, e alternando con entrevistas a outras persoas, cantaría "Olvidó","Mis secretos" e "Toca la gaita", incluidas no seu disco "Crepúsculo mental". 



Asemade tamén cantou "Frente a frente", de Jeanette, e "Galicia", de Juan Pardo. 


 A reportaxe fotográfica é de Kiko Núñez, de Knn fotografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario