CULTURA
TALLER DE ARTE CON SUSO FANDIÑO
17,18, 24 e 25 de abril de 2015
CGAC / Santiago de Compostela
HORARIO:
Venres de 17.00 a 20.30 h
Sábados de 10.30 a 14.30 h
O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes cos vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obxectos, imaxes e situacións necesarios para poder recrear a narración. Que sucedería se realizásemos a operación á inversa? A arte contemporánea produce relatos a partir de obxectos, imaxes e situacións, é unha linguaxe repleta de diversidade e de riqueza, susceptible de ser interpretada. Desde o taller proposto por Suso Fandiño intentaremos internarnos nestes outros modos de producir comunicación, descifrando desde a análise e a práctica a súa linguaxe.
PROGRAMA
Venres 17 de abril
· Introdución e presentación
· Análise inicial. “A arte é para todos pero só unha elite o sabe”
· Crónica dunha morte anunciada (Criterios previos para unha deslexitimación do modelo totalitario de produción cultural)
· Análise da eliminación paulatina da educación artística no contexto educativo actual
§ Informe Eurídice
· Arte contemporánea e amarillismo. A deslexitimación social da cultura nos medios de comunicación
Sábado 18 de abril
· Arte contemporánea. Análise particular dunha linguaxe e a súa lectura
· O p co a, pa. Isto tampouco é un pipa.
· O marco de acción da exposición como medio
· Preparación da visita. Cartografía da sala (mapping)
§ Visita deliberadamente non guiada
· Análise das cartografías da sala
Venres 24 de abril
· Descodificando Linguaxes
§ Icónico/Plástico
§ Penetración/Interpenetración
§ Contexto/Descontextualización
§ Significación/Insignificancia
§ Codificación/Descodificación
§ Construción/Deconstrución
· Planificación das actividades do taller
§ O como, o que e o por que. Estratexias e modus operandi
Sábado 25 de abril
· Saída. Está aí, están aí.
· Ferramentas:
§ Procedementos (fotografía, recollida)
§ Buscar, atopar e transformar no ámbito físico e social do CGAC
· Posta en común
· Análise de tácticas e estratexias
· Valoración de resultados
DESTINATARIOS: estudantes de Ciencias da Educación, Belas Artes, Artes e Oficios, Historia da arte, profesores e todas aquelas persoas interesadas nas artes plásticas e na expresión artística.
PRAZAS: mínimo 10 / máximo 20
MATRÍCULA: 20 €
INSCRICIÓN
: as persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. As solicitudes deberán incluir os siguientes datos: nome completo, estudos, área de traballo ou interese, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto.
Unha vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario