CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA O "SISTEMA" DE SUBSTITUCIONS DOS FUNCIONARIOS DE HABILITACIÓN NACIONAL
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que afirma o seguinte:
SUPLENCIA DA SECRETARIA DO CONCELLO
Dende o Grupo Municipal de Converxencia Galega, durante esta lexislatura, temos denunciado varias veces a nula xestión de algúns “funcionarios/as” municipais, quenes viñan actuando moitas veces dún xeito contrario o que sinala a Lei.
Nestes momentos topámonos ca
sustitución/suplencia da Secretaria Municipal –non sabemos cales son os motivos
da súa ausencia- Funcionaria que pertenece o Grupo de Clasificación 11 (con
titulación universitaria) e do corpo de Habilitación Nacional.
Dada a complexidade e importancia das
súas funcións, así como tamén das súa responsabilidades inherentes o seu cargo,
e dacordo ca Lei 7/2007 (E.B.E.P.) a súa sustitución sexa levada a cabo por
outro funcionario/a que sexa do mesmo Grupo, cousa que é posible no noso
Concello, dado a existencia de TRES (3) funcionarios de Habilitación Nacional
do Grupo Profesional 11.
De non ser posible a sustitución
indicada no parágrafo anterior, está a solicitude de relevo por medio da Xunta
ou outro departamento de distinta Administración, o que non é normal e que sen
ter a titulación académica esixida do Grupo 11, e tampouco se adapta o sinalado
na Lei 7/2007, e que a persoa que fai a sustitución de funcións –supoñemos que
tamén das responsabilidades- sexa de un grupo moi inferior, ata donde nos
sabemos no único en que o van a igualar vai ser no complemento económico que
vai recibir por desempeñar esta función é sin ter a titulación esixida pola
Lei.
O marco legal da Lei 7/2007 (E.B.E.P.)
establece que cada Administración Pública pode crear un marco de planificación
xeral dos séus recursos humanos, marcando unha regras para a ordenación da
movilidade voluntaria dos séus funcionarios públicos, así como a posibilidade
de elaborar unha Relación de Postos de Traballo que sinala as “regras de xogo”
como son a categoría, responsibilidade, funcións, categoría, salarios, etc.
Lamentablemente nada disto se ten
feito, e de momento seguimos inmersos nunha xestión do persoal municipal que
rompe cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. Todo queda
o capricho do Sr. Alcalde.
Neste asunto, levamos insistindo dende fai moito tempo e semellaba que
agora íamos polo bó camiño ca incorporación de funcionarios de Habilitación
Nacional que facían sustitucións transitorias, pero nada de nada, voltamos a
recuncar nos mesmos erros de sempre, semella que o equipo de des-goberno
municipal do PSOE, sigue pola vía da improvisación e fai uso do persoal –afín-
como si fose a súa empresa privada, para logo “repartir premios” con diñeiro
público, co silencio complaciente de quenes deben controlar eses cartos.
Queremos
recordar que xa en setembro do 2.012, comenzamos a denunciar o “sistema” de
substitucións dos Funcionarios/as de Habilitación Nacional que se desenrrolaba
fora da Lei, e que esa actitude conlevaba “gratificacións” e “premios
crematísticos” por funcións que non se correspondían, o mesmo tempo que
mostraban total sumisión “a las órdenes del patrón”....
A Guarda, a 28 de marzo de 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Secretaria
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario