CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS
Será o vindeiro sabado día 18 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Comunidade de Montes de Mougás
José Manuel Romero Martínez - primeiro pola esquerda -, Responsable Local de Converxencia Galega, de Oia, xunto con José Luis Giráldez Figueiro, candidato á alcaldía de Oia, Raquel Martínez Fernández e Ángel Portela Martínez, todos eles membros da candidatura para ás vindeiras eleccions municipais de maio
Infogauda / Oia
O próximo
sabado día 18 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Comunidade de Montes de
Mougás, se vai levar a cabo a presentación da Candidatura de Converxencia Galega, que encabeza no Concello de Oia, José Luis Giráldez Figueiro para as eleccións municipais do 24 de maio.
"Dende Converxencia Galega - dixo José Manuel Romero Martínez “ROMERO”, Responsable Local desta formación política en Oia - estamos convencidos de que presentamos un candidato moi
implicado en actividades culturais e formativas, exercendo actualmente o cargo
de Director-Profesor da Mini-Banda Infantil.
Queremos
ser unha referencia de homes e mulleres, maioritariamente persoas novas, que
queren traballar arreo para loitar contra o pesimismo que invade a nosa xente e
loitar para evitar que en poucos anos Oia, se convirta nún pobo donde
maioritariamente a súa poboación sea de xubilados, sin unha alternativa para a
xuventude".
José Manuel Romero Martínez “ROMERO” afirma igualmente: "Os homes e
mulleres que forman a Candidatura e a agrupación local de Converxencia Galega,
co seu Candidato á alcaldía (José Luis Giráldez Figueiro) non pretendemos crear falsas ilusións electoralistas, xa que para
iso xa están outros. Nos non queremos soltar mentiras, polo que nos poñemos a
disposición dos veciños/as de Oia, loitaremos e faremos o máximo esforzo para
frena-lo proceso emigratorio, polo que trataremos de implementar medidas para
fomentar creación de postos de traballo entre os veciños/as.
Buscaremos
tódalas vías para sanear as finanzas municipais facendo labores de control de
gastos e intentar potenciar o traballo para autónomos e pequenas empresas, para
que se poida crear e potenciar o traballo na localidade.
Plantexaremos
un gran reaxuste dos salarios da Corporación Municipal, tanto do Alcalde como
dos Concelleiros/as con dedicación exclusiva, para que o mesmo sexa real ca
media da localidade e non un privilexio como na actualidade".
Entre os obxectivos da candidatura de Converxencia Galega, de Oia, está o de "implementar
programas de aforro dos gastos públicos, e desta maneira conseguir que exista
diñeiro para levar acabo aquelas inversións prioritarias no Concello, e
loitando contra o despifarro de todo tipo, para que cada euro (€) dos
veciños/as de Oia teña o mellor rendimento".
"Porque
os homes e mulleres que compoñen a candidatura de Converxencia Galega somos “xente coma tí”, podemos resumi-lo
nunha frase: “Queremos que o Concello de
Oia sexa de tódolos/as veciños/as, sen privilexios para compañeiros nin amiguiños”, dixo José Manuel Romero Martínez "Romero", Responsable Local de Converxencia Galega, de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario