9 de abr. de 2015

DEPORTES

II DÚATLON POPULAR DE TOMIÑO
(Limitada a 196 deportistas por categoría) 

MEMORIA DA PROBA

ADETO / Tomiño

 ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostaleria e Industria de Tomiño ), coa colaboración do Excmo. Concello de Tomiño e a Federación Galega de Triatlón organiza a II DUATLÓN DE TOMIÑO que se celebrará o sabado, día 25 de Abril, a partires das 16:00 horas no centro de Tomiño.

 Dado o carácter popular e solidario da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, con límite de
idade (a partir de benxamíns), podendo inscribirse tanto federados coma non federados.

                              REGULAMENTO
ORGANIZA:
Concello de Tomiño
Adeto
Federación Galega de Tríatlon e P.M.

PATROCINAN
Froiz, Coca-Cola, DIA

COLABORAN
Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

CONTACTO
Adeto. Rúa Gondomar 40, Tomiño
Teléfono: 986098902
Email: info@adeto.org

DATA E HORARIOS DAS CARREIRAS
Sábado 25 de abril de 2015
16:00 h. Benxamín
16:20 h. Alevín
16:50 h. Infantil e cadete
18:00 h. Absoluta

CATEGORÍAS
Escolares
Benxamín: nados/as en 2006 e 2005
Alevin: nados/as en 2004 e 2003
Infantil: nados/as en 2002 e 2001
Cadete: nados/as en 2000 e 1998
Absoluta
Nados en 1998 e anteriores

DISTANCIAS
Benxamín 500m carreira- 2km ciclismo- 250m carreira
Alevín 750m carreira- 4km ciclismo- 500m carreira
Infantil e cadete 2 km carreira - 6km ciclismo- 1km carreira
Absoluta- Sprint 5 km carreira (2 voltas) - 20km ciclismo (3 voltas) - 2,5 km carreira (1 volta)

INSCRICIÓNS Ata o martes 21 de abril
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións.

(Máx. 196 deportistas) por rigorosa orde de inscrición.

Non se admitirán licenzas incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web 

Federados en Galicia.
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes, no apartado inscricións á dereita
da mesma. A inscrición formalizarase co envío do pagamento mensual a nome do club.

Federados con licencia de otra comunidad” que no hayan abonado la inscripción de participación en los circuitos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de nuestra web a
continuación indicamos el enlace http://fegatri.org/wp-content/uploads/2013/04/solciitude-invitacion-corredoresoutras-comunidade1.pdf 
Una vez que la Federación comprueba que está federado, autoriza su participación y confirma la inscripción previa formalización de la misma con el envío del justificante del ingreso de la cuota por fax 982109800 o mail fegatri@hotmail.com

Licencias 1 día:
Unha vez que acceda á carreira, realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licencias de 1día).

Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome)ó Fax 982 109800 ou mail fegatri@hotmail.com 

(O seguro de un día ten un custe de 12€ que se sumará ao custe da licenza 8€ abonando un total de 20€).

PREZO DA INSCRICIÓN:

ABSOLUTA- 8€

ESCOLARES- Gratuita
(Ambos custes se verán incrementados en 12€ de seguro de un día para os non federados).

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.:
Banco Sabadell 
ES37 0081 5223 16 0001338040.
Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.

CRONOMETRAXE: Manual

SAÍDA, TRANSICIÓN E META
Saída: Rúa Colón Tomiño
Transición e Meta: Rúa nova de Tomiño
Coordenadas GPS:
Latitude: 41.99040292716173 (41º 59' 25.45" N)
Lonxitude: -8.743672665441864 (8º 44' 37.22" W)

RECOLLIDA DE DORSAIS:
15:30 a 17:30

CONTROL DE MATERIAL:
15:30 ata 10 minutos antes de cada saída.

OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU DNI para accesos á Transición.

REUNIÓN TÉCNICA ás 15:30 horas.
Remate da Proba: Unha hora de corte, é dicir que se pasa unha hora dende que chega a meta o primeiro, os participantes que sigan na proba quedarían descualificados e correrían baixo a súa responsabilidade.

ENTREGA DE TROFEOS AS 20:30 horas

TROFEOS:
Aos 3 primeiros masculino e feminino absolutos e de cada categoría escolar

PREMIOS ECONÓMICOS:
1º clasificado e 1ª clasificada absolutos 125 €
2º clasificado e 2ª clasificada absolutos 75 €
3º clasificado e 3ª clasificada absolutos 50 €

NORMAS DE COMPETICIÓN:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial da Federación Española de Triatlón e
Regulamento de Competición da Federación Galega de Tríatlon 2015.

Ningún comentario:

Publicar un comentario