3 de abr. de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN POTENCIAR TURÍSTICAMENTE OS CURROS  

José Manuel Romero Martínez - primeiro pola esquerda - xunto co candidato á alcaldía de Oia, e outros dous membros da candidatura de Converxencia Galega

Infogauda / Oia

   José Manuel Romero Martínez “ROMERO”, Responsable Local de Converxencia Galega, en Oia, ven de facer público que "o longo do mes de marzo, Ángel Portela Rodríguez e Raquel Martínez Fernández, membros da candidatura de Converxencia Galega en Oia, estiveron mantendo conversas con veciños/as, organizadores e  directivos dos distintos curros que se celebran en Oia (A Valga, Torroña e Mougás) xa que consideran que estes eventos, son das actividades máis importantes que se celebran nas súas zonas, con gran influencia nos pobos do Baixo Miño e Val Miñor, pero tamén con proxección sobre unha boa parte do sur de Galicia".  

  José Manuel Romero Martínez acfirmou que "o motivo destes contactos é a recollida de opinións, para saber de primeira mán, a situación en que están estas actividades tan tradicionais no séu entorno, así como en que poden axudar a potencialos dende o Concello, dado que moitas respostas recibidas foron queixas sobre a despreocupación e desinterés amosado polo equipo de Goberno Municipal, deixando de lado a organización, e tendo que traballar éstas en solitario, sen colaboura do Concello.  

  Dende Converxencia Galega estamos convencidos que unha boa planificación e publicidade dos mesmos, pode e debe potenciar a asistencia de veciños/as e turistas a Oia, o que conlevará a que se incremente a actividade comercial durante a súa celebración, aumentaría os postos de traballo, e axudaría a “poñer a Oia no mapa” cara a captación de visitantes durante eses eventos, o que repercutiría que tamén na época estival acudiran a Oia.

 En tódalas conversas mantidas, amosamos o noso compromiso para axudar os organizadores, asumindo a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Oia e os distintos grupos que planifican e desenrrolan os curros no noso territorio, aportando persoal e maquinaria para o diseño e arranxo das instalacións e solicitando a colaboura dos concellos veciños, tanto en seguridade pública como en todo aquelo que sexa preciso.

 Sen dúbida os curros en Oia, son un dos seus principais activos turísticos, polo que merecen toda a atención do Concello, e poden convertirse nún dos recursos a potenciar a planificación do desenvolvemento turístico para Oia".

Ningún comentario:

Publicar un comentario