CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN DA FALLA DE SEGURIDADE EN OBRAS NO TERMO MUNICIPAL
Infogauda / A Guarda
A traverso dunha comunicación presentada no rexistro municipal de entradas, suscrita por Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, esta formación política ven de comunicarlle ó alcalde do Concello de A Guarda, o seguinte:
PERIGO EN
INGUIEIROS
Acabamos de recibir as fotografías que acompañan este escrito, no que pode comprobarse que as medidas de seguridade no noso pobo somentes xurden cando o “afectado” está na lista dos vetados polo Equipo de Goberno Municipal do PSOE, pois nese momento interven de maneira inmediata o que “manda en Urbanismo” e si o veciño se despista, 6.000€ por mover unha porta sen permiso del.
Imáxenes parecidas a éstas, podemos atopalas en calquer sitio, e o perigo é para calquer que pase polo lugar, xa que non existen medidas de seguridade en ningunha obra que se desenrola no noso pobo.
Dende Converxencia Galega dende o principio desta lexislatura vimos reclamando que se controle as obras para que os veciños e vehículos non corran perigo, pero dende o Departamento de Urbanísmo co Alcalde o frente, “miran permanentemente para o outro lado” e somentes o factor sorte e o que ten impedido que non hubera acontecido ningunha desgracia.
A Guarda, a 01 de Abril do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario