8 de abr. de 2015

GOIÁN

O Cineclub Poleiro oferta un ciclo de tres películas que comezarán a proxectarse este xoves 

Cinexlub Poleiro / Goián

 Nove euros e o custe do bono das tres proxeccións que compoñen o ciclo que o Cineclub Poleiro emitirá a partir deste xoves, día 9 de abril, ás 21:30 horas, que se inicia coa película “Nebraska” (2013) dirixida por Alexander Payne. 

 Unha comedia dramática que conta a historia dun ancián con síntomas de demencia que recibe unha carta na que lle comunican que gañou un premio. Cre que se fixo rico e obriga ao seu fillo a emprender unha viaxe para ir cobrar. Pouco a pouco a viaxe muda a relación, rota hai anos polo alcolismo do pai, unha sorpresa para a nai e para o trunfador irmán. Todo esto contado de xeito irónicamente divertido. 

 O actor Bruce Dern, que encarna ao vello, acadou varios premios pola interpretación, entre eles o do Festival de Cannes de 2013. 

 O xoves, 7 de maio, ás 21:30 horas, proxéctarase a película francesa “Guillaume, y los chicos ¡a la mesa!” (2013) dirixida por Guillaume Gallienne. Comedia dramática biográfica sobre o cineasta e artista que a dirixe. Céntrase sobre todo na estreita relación que tiña coa sua nai. Un percorrido polas emocións, os recordos e a familia. Mostra os seus recordos máis embarazosos para facernos rir con intelixencia. Acadou cinco premios César, incluído o de mellor película. 

 

 E o xoves, 4 de xuño, ás 21:30 horas, poderemos ver “Alabama Monroe” (2012) un drama romántico belga dirixido por Felix Van Groeningen. Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuaxes, él toca o banjo nunha banda. O seu é amor a primeira vista, malia as súas diferenzas. El fala, ela escoita. El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha crus tatuada no pescozo e os pés no chan. A súa felicidade complétase cando nace Maybelle pero non todo vai ben. Acadou o premio César á Mellor película extranxeira e o Premio do Público no Festival de Berlín de 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario