CONVERXENCIA GALEGA CALIFICA DE PATÉTICA Á ACTITUDE DO ACTUAL EQUIPO DE DES-GOBERNO
Esa é unha das imaxes que nos pasados días festivos se lle ofreceron a veciños e visitantes
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
¿ESQUECÉRONSE DAS RAMPAS DE ACCESO PARA MINUSVALIDOS/AS?
Nestes días en que atopamos a algúns dirixentes políticos facendo visitas a negocios e veciños/as, acabamos de recibir unha visita de persoas maiores, que por problemas de saúde, teñen que desplazarse en vehículo ou nunha silla adaptada, e que aproveitando o bó tempo que disfrutamos nos días da Semana Santa, que fixeron varios desplazamentos polo Paseo Marítimo das faldas do Santa Trega (como sinala o proxecto), e tiveron que circular polo medio da estrada, dado que nunha das bandas da beirarrúa non ten ningunha rampa de acceso, polo que “seu vehículo rodado” facíalle competencia aos que dispoñen de potentes motores e “grandes bocinas” e de “propina” escoitar algúns piropos dalgúns que tiñan moita presa.
Ese é o lamentable estado do pavimento das inmediacións da Fonte de Santa Catalina e do acceso o aparcadoiro da Canteira de San Queitano
As imáxenes que nos facilitaron, son a realidade que teñen que vivir no día a día veciños/as e visitantes con mobilidade reducida que se acercan a este paseo, así como tamén, o grave perigo que sofren cando teñen que pasar polo acceso a Canteira de San Queitano que está totalmente destrozada e esa foi a imaxe que estivemos ofertando a todo aquel que visitou a beira do mar na zona portuaria.
Dende Converxencia Galega, ainda de pecar de “pesados” e reiterativos, seguiremos sinalando que a actitude do actual Equipo de des-Goberno é patética, donde en calquer lugar ou rincón do noso pobo, a deixadez e abandono é a “tarxeta de presentación” os visitantes.
Detalle do penoso estado de "conservación" do pavimento das inmediacións da Fonte de Santa Catalina e do acceso o aparcadoiro
Unha imaxe vale máis que mil palabras, e poderíamos aportar máis de mil fotografías propias ou recibidas por veciños/as de A Guarda que amosan a situación real do noso pobo.
A Guarda a 06 de abril do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario