REMO BANCO FIXO
O CLUB DE REMO ROBALEIRA ACADA TRES NOVOS ÉXITOS NO LXXII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
Dúas medallas de prata e unha de bronce, acreditan o magnífico nivel das tripulacions do club de A Guarda
Os siareiros do Club de Remo Robaleira estiveron apoiando en todo momento, ás tripulacions guardesas nas regatas celebradas en Meira - Fotos: Manuel Alejandro Pérez Rodríguez
Club de Remo Robaleira / A Guarda
Na primeira xornada de regatas, celebrada en augas de Meira (Moaña), na tarde do sábado día 25 de abril, e pasada por auga, as tripulacións do Club de Remo Robaleira, xuvenil féminas, e as tripulacións masculinas de cadetes e xuvenís, resolveron con solvencia o pase as finais da categoría A, impoñéndose nas súas respectivas tandas as dúas tripulacións xuvenís, e con unha cómoda segunda praza a tripulación cadete.
Rematadas as regatas, á ledicia dos remeiros e siareiros do Club de Remo Robaleira fíxose notar en Meira
Nas regatas celebradas na mañá deste domingo día 26, as tres tripulacions do Club de Remo Robaleira subiron o podio, xa que os cadetes acadaron medalla de bronce, as xuvenís féminas fixéronse coa medalla de prata e os xuvenís homes, tamén acadaron medalla de prata. Tres novos e importantísimos éxitos para o Deporte do Remo de Galicia e de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario