31 de mar. de 2015

TUI

A deputada do BNG-Asembleas Abertas, Carme Adán, ven de presentar iniciativas parlamentares debido as irregularidades na licenza de construcción do novo centro de saúde de Tui

Carme Adán, deputada do BNG-Asembleas Abertas

BNG-Asembleas Abertas / Tui

 Despois dunha xuntanza coa Plataforma cidadá "Alternativa Centro de Saúde" o domingo 15 de marzo en Tui,  na que se informou das irregularidades que concorren na construcción do centro de saúde de Tui, a deputada do BNG-Asembleas Abertas, Carme Adán, considerou necesario que o Goberno Galego de as explicacións pernitentes á esta problemática con caracter urxente, pois, o Centro de Saúde xa está en construcción e o seu financiamento é a través de Fondos Europeos.  

 Así pois, lembrando que na Xunta de Goberno Local do Concello de Tui do 27 de outubro de 2014, tomouse o acordo da concesión de licenza de construción dun Centro de saúde en Tui promovido polo SERGAS, onde na acta  de dita sesión, a secretaria  do Concello recolle máis de seis advertencias de irregularidades observadas en dito expediente de licenza de construcción.  

 Ante tales feitos o BNG-Asembleas Abertas presentou iniciativas perante o Parlamento Galego para comprobar se o SERGAS ten coñecemento da gravidade que ten o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local de Tui e que medidas vai adoptar.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario