31 de mar. de 2015

DEPORTES

AS VOSAS IMAXES

1º TRAIL DESAFÍO OIA

     Intre da saída do 1º Trail Desafío Oia, desde ás inmediacions do Mosteiro de Oia                                               Foto: Santiago Baz Lomba

Infogauda / Oia

 O domingo  29 de marzo, tivo lugar o 1ª Trail Desafío Oia, sobre unha distancia de 24 quilómetros, con un desnivel acumulado de 2.800 metros, e unha dureza de 7.49. Este evento deportivo, organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Oia e o Club de Montañismo e Orientación Cornelios, tamén conlevou un compoñente solidario, e tivo unha participación de 212 atletas (17% féminas e 83% varons), aos que non lles botou para atrás o percorrido desde o Mosteiro oiense ata a Serra da Groba.

  O primeiro atleta en entrar en liña de meta, situada na Praza da Centinela, de Oia foi Raúl Mantilla Gi, con un rexistro de 02.09:54.

   En féminas, Estela Alonso Ballesteros, con un crono de 02.52:37, foi a primeira en chegar á meta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario