10 de mar. de 2015

TOMIÑO

O PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, XAVIER VENCE, REALIZA UNHA VISITA INSTITUCIONAL AO CONCELLO DE TOMIÑO 

BNG

 O portavoz nacional, Xavier Vence, realiza mañá mércores 11 de marzo ás 11:00 horas unha visita institucional ao Concello de Tomiño onde se reunirá coa equipa de goberno que preside a alcaldesa Sandra González para coñecer de primeira man as principais realizacións da xestión de goberno do BNG, que ten logrado converter este concello nun referente na Comarca do Baixo Miño. 

 A visita se inicia cunha reunión co grupo de goberno na casa consistorial, seguido dunha visita ao mercado municipal recentemente rehabilitado e posterior visita a outras realizacións de humanización e mellora no casco urbano. A visita institucional, incluirá os viveiros de plantas ornamentais e outras infraestruras de servizos avanzadas. 

 Cobertura mediática, para evitar esperas aos medios de comunicación:  

 12:00H Visita ao mercado municipal, onde os medios poderán tomar imaxes. Punto de encontro: entrada do mercado. 

 12:30H Declaracións do portavoz nacional e da alcaldesa.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario