31 de mar. de 2015

TOMIÑO

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o alcalde de Allariz, Francisco García presentaron a candidatura BNG-Asembleas Abertas de Tomiño

Sandra González, candidata do BNG á alcaldía de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 O pasado venres 27 de marzo o BNG-Asembleas Abertas de Tomiño presentou  a súa candidatura no concello de Tomiño con Sandra González como cabeza  de lista arroupada por unha candidatura renovada tras un proceso  de  asembleas abertas coa veciñanza do concello permitindo así a incorporación de persoas independentes.  

O dúo musical de Tito e Davinia nunha das súas actuacions

Uxío Benítez, Francisco García, Sandra González, Ana Miranda, Xosé Manuel Méndez, Cristina Martínez e Francisco Campo

 O acto foi presentado por Suso Pando que tamén forma parte da  candidatura BNG-Asembleas Abertas e o dúo de Tito e Davinia deleitou ás  persoas asistentes con varias actuacións musicais.  

Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa

 A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda salientou o traballo  do equipo  municipal, sendo Tomiño, grazas ao BNG, un referente a imitar nos  outros concellos, pois dende o goberno nacionalista, esta é unha localidade dinamizadora e coñecida en Europa polo sector da flor e pranta ornamental, polo sector pesqueiro do Miño, e polos premios  recibidos entre outras cousas.   

Francisco García, alcalde de Allariz

 O alcalde de Allariz, Francisco García, puxo en valor a experiencia  dos últimos 8 anos de goberno nacionalista en Tomiño, animando á  veciñanza a apostar polo nacionalismo como así se ten feito en Allariz  dende 1989.

Uxío Benítez, na súa intervención

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Tomiño o completo.

Sandra González e Uxío Benítez

 Pola súa banda, Sandra González, sentíuse emocionada polas verbas do  candidato número 2, Uxío Benítez e a súa vez de ver a cantidade de  persoas que acompañaron á candidatura na súa presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario