EL DOCUMENTAL DEL MES
Coloquio sobre transexualidade
no CGAC
CGAC / Santiago de Compostela
El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.
24 marzo
The Good Son (2013)
Director: Shirley Berkovitz; Produtores: Shirley Berkovitz e Noam Pinchas; Fotografía: Shirley Berkovitz e Nitzan Moshe; Edición: Daniel Sivan; Son: Gil Toren e Música: Kutiman.
Israel. Duración: 52 min. Versión orixinal subtitulada en castelán.
A historia: Que pasa pola cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e a honestidade cara á túa familia? Unímonos á incrible historia de Or, un rapaz de 22 anos que, despois de lles mentir aos seus conservadores pais, decide seguir adiante a calquera prezo. Un retrato apaixonante sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.
A directora: Nativa de Tel Aviv, Shirly estudou cine na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixiu e produciu a súa primeira curtametraxe Blocked. A súa primeira longametraxe documental 100 % proxectouse no Festival de Cine de DocAviv-Documental, Haifa Cinemateca. En 2009, lanzou The Way Up, gañador do premio ao Mellor Documental en numerosos festivais internacionais e proposto para un Academy Award de Israel en 2010. Actualmente, Shirly está a traballar como editora e directora de proxectos independentes e tamén traballa como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cine e medios de comunicación.
Todas as proxeccións terán lugar ás 20:30 h no auditorio do centro.
Tras o documental, contaremos coa presenza de Chrysallis Galicia (Asociación de Familias de menores transexuais) e de Sexus (Asociación para a difusión e promoción da Sexoloxía). Abriremos un pequeno coloquio no que os representantes das devanditas asociacións poidan ofrecernos a súa visión sobre a transexualidade e falarnos das súas vivencias persoais e profesionais.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.
Máis info en: El Documental del Mes
Ningún comentario:
Publicar un comentario