24 de mar. de 2015

OURENSE

A Deputación e os catro consellos reguladores colaborarán nos ámbitos da promoción, innovación e comercialización vitivinícola

Manuel Baltar presentoulles aos presidentes de Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra o proxecto "Enourense", que permitirá abrir novas canles de comercialización para as adegas das denominacións de orixe. 



Infogauda / Ourense, 24 de marzo de 2015

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe na Casa do Concello de Celanova cos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas da provincia de Ourense: Miguel Ángel Viso, do Ribeiro; Antonio Ángel Méndez, de Monterrei; Vicente Solarat, de Valdeorras, e José Manuel Rodríguez, de Ribeira Sacra, a quen propuxo establecer canles de colaboración en materia de promoción, innovación e comercialización "para este sector básico da economía da provincia de Ourense", explicou Baltar. 

 Asemade, o presidente provincial presentoulles o convenio de mellora da competitividade e innovación das Pemes do sector vitivinícola da provincia de Ourense –asinado en Fitur co Ministerio de Industria-, cuxa a acción principal é a creación do portal web de comercialización para as adegas das catro D.O. ourensáns, "Enourense", cumpríndose así un novo compromiso dos anunciados por Manuel Baltar no debate sobre o estado da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario