QUEDARON VISTOS PARA SENTENZA OS XUIZOS CONTRA PREFERENTISTAS AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS E POLAS SANCIONS QUE LLES FORON IMPOSTAS
Xulio Vicente - portando un cartaz - e Ana Belen Álvarez, xunto con outras persoas concentradas este martes, diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra - Fotos: José Luis García Portela
José Luis García Portela / Pontevedra
Perto de trinta preferentistas das Plataformas do Baixo Miño, Compostela e Redondela concentráronse ás 10 h. da mañá do martes 17 de marzo de 2015, diante dos Xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra onde se celebraron 5 xuizos polas sancións impostas a Xulio Vicente (3), Ana B. Álvarez (2) da Plataforma do Baixo Miño. Ainda que estaba previsto o xuizo de Eugenio Martínez, este foi suspendido por causa de forza maior.
A partires das 10:15 h. empezou na xulgado nº 3 o primeiro dos xuizos a Xulio Vicente, polos 3 recursos contenciosos administrativos contra sendas sancións impostas por desordes graves e participar en dúas supostas manifestacións ilegais en Tui.
Os tres xuizos foron especialmente longos, para o acostumado até o de agora. Foron chamadas todas as testemuñas das partes e ainda ás 12:10 h. se daba comezo ao terceiro.
A partires das 12:40 comezou o primeiro dos xuizos a Ana B. Álvarez, do que fago un resumo a continuación.
A demandante (Ana) recurre ante o Contencioso-Administrativo unha sanción imposta polo Concello de O Rosal (a traverso do ORAL) por unha infracción do artigo 110.2 do Regulamento Xeral de Circulación, que fai referenza ao uso da bocina do vehículo, de forma reiterada e sen xustificación durante unha concentración na Praza do Calvario, frente ao Concello de O Rosal.
A abogada de Ana argumenta a indefensión da sancionada porque a proposta de resolución estaba fora de prazo ao pasaren máis de 6 meses, polo que se induce a caducidade do procedemento. Por outra banda, a letrada fai referencia a que o Regulamento fai alusión a o uso do claxon dos vehículos pero non especifica a sanción correspondente.
O abogado da parte demandada (o Concello do Rosal) salienta un erro ao falar dos prazos, que neste caso son de 1 ano e non de 6 meses. Que as declaracións das testemuñas son irrelevantes por seren compañeiros da plataforma. Que non se mancou o dereito á defensa da sancionada e solicita a nulidade da demanda.
A xuiza fixo pasar a unha testemuña de cada parte. O primeiro, pola demandante, foi Oscar M.R. quen a preguntas da xuiza e da abogada de Ana, declarou que coñecía a Ana polas manifestacións, que o día dos feitos non a viu no vehículo, que había entre 20 e 30 personas na concentración, que el estivo entre unha hora e hora e media no lugar e que non veu a Ana usar elementos acústicos do vehículo.
O abogado do Concello de O Rosal preguntoulle á testemuña se el estaba na praza ás 13:50, ao que respostou negativamente, polo que o letrado conclúe que logo non pudo ser testemuña dos feitos denunciados a esa hora.
A segunda testemuña foi un axente da Guardia Civil (X287***) quen foi preguntado pola xuiza se coñecía á Ana B. Álvarez, ao que respostou que si, de vela nas manifestacións e de cando lle impuso unha sanción polo cinto de seguridade. Chegado este intre e ante a confusión, o abogado do Concello disculpouse por ter chamado a este axente que era para a sua testemuña para o seguinte xuizo. Fixeron pasar a outro número da Guardia civil (R616***) quen afirmou coñecer a Ana, que estando de servicio de orde público diante do Concello viu como a sancionada entraba no vehículo aberto e tocou a bocina reiteradamente, sen estar en nengunha das situacións no que o regulamento indica o uso da bocina. A preguntas da abogada da damandante confirmou que non a identificou nese momento, que estaba a 5 ou 6 metros do vehículo cumprindo coa labor de servicio de orde, que o tocaba de forma reiterada ainda que non contou o tempo porque durante o servicio non parou a mirar o reloxo.
O alegato final da demandante foi pedir a nulidade da sanción, porque o regulamento indica o uso do cinto, pero non a sanción. Que non se identificou a persona que estaba dentro do vehículo nen en que consistiu a reiteración no uso da bocina.
O abogado do Concello alegou que a autoridade desenrolou a labor correpondente e que outro axente firmou a denuncia tamén, argumenta o principio de veracidade e proefesionalidad dos axentes. Que non caducou o expediente e non existe indefensión da sancionada polo que pide a nulidade da demanda.
O xuizo quedou visto para sentenza.
O segundo xuizo de Ana foi por por unha sanción do Concello do Rosal, do 10 de Xuño do 2013, por infracción do artigo 117.2 do R. X. de Circulación, levar o cinto de seguridade mal colocado. A abogada da demandante repetiu o argumento da caducidade por pasar máis de 6 meses antes da proposta de resolución. Afirma que o vehículo non se emprega nas concentraciíons, que se fan a pe. Que procede a nulidade da sanción.
O abogado do Concello da conta do informe do axente destacado alí polo seu comandante cumprindo unha petición do alcalde, no que se declara que a sancionada chegaba en coche ao lugar da concentración e que ainda non formaba parte desta. Que foi sancionada pola Lei de Tráfico sen ter que ver nada coa concentración. Que ten valor a declaración do axente porque nesas circunstancias asume competencias dos axentes de tráfico.
A parte demandante chamou a M. Nieves A. C. compañeira de Ana para dar testemuño. Declarou que o día dos feitos estaba na concentración e que non viu a Ana no coche.
O abogado do Concello preguntou á testemuña cando vira a Ana.
Durante a concentración, contestou a testemuña. Ao que o abogado rematou afirmando que a infracción se produciu ás 10:36 cando Ana ainda non chegara á concentración, polo que non puido vela. Xa non fixo máis preguntas.
Non houbo testemuño do axente, que xa intervira por erro no primeiro xuizo.
Nas alegacións finais, a abogada demandante insistiu en que os prazos a aplicar son os correspondentes a Lei 30/1992 por ser sancións do Concello de O Rosal. Insistiu na nulidade da proba. A Ana non se lle notificou no lugar dos feitos, o axente so identificou o vehículo e non ao conductor. E repite o argumento do xuizo anterior, baseado en que o regulamento fai indicacións sobre o uso do cinto de seguridade pero non especifica a sanción. Polo tanto, interesa a esta parte a nulidade da sanción.
Visto para sentenza.
Pasadas as 13:30, voltaron os concentrados para os seus fogares. Ana ainda ten que voltar os vindeiros 7 e 23 de abril para máis xuizos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario