CONCENTRACIÓN DE MEMBROS DE PLATAFORMAS DE AFECTADOS POR PREFERENTES E SUBORDINADAS, DIANTE DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE PONTEVEDRA
Será o martes día 17 de marzo, ás 10:00 diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Será o martes día 17 de marzo, ás 10:00 diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Ana Belen Álvarez - a esquerda da imaxe - e Xulio Vicente - no centro -, xunto con outras persoas afectadas polas preferentes e subordinadas e tamén polas sancions que lles foron impostas - Foto: José Luis García Portela
Dende a plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:
Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este martes día 17 de marzo, ás 10:00 diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de tres preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta.
Así pois facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de Xulio Vicente (veciño do Rosal), e Eugenio Domínguez Viñas (veciño de Tui), e Ana Belén Álvarez (veciña do Rosal) acusados os dous primeiros por desordes graves e participar nunha suposta manifestación irreegular namentras esperaban a poder entrar a unha sesión plenaria no Concello de Tui. No caso de Ana Belén, está sancionada por circular co seu coche co cinturón de seguridade incorrectamente abotoado, e por tocar o claxon, namentras estaba concentrada na Praza do Calvario, diante do Concello do Rosal, e o seu coche atopábase estacionado na mesma praza.
Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada. Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
Plataforma Baixo Miño
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario