MANIFESTACIÓN PLANTA CARA AOS BANCOS
14 marzo 2015 12:00 - Alameda de Santiago de Compostela (xunto ás Marías)
O poder dos consumidores para cambiar o sistema
Do atraco eléctrico, as hipotecas e as preferentes cara un novo modelo de consumo
Elena Castro / ADICAE GALICIA
Delegación de Vigo
No Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores consideramos necesario expresar a nosa preocupación e indignación polo panorama político, económico e social que afrontan os consumidores.
Un panorama no que se descargaron nos consumidores e usuarios de forma direta e indireta, gran parte dos custos desta crise e de todas as reformas; no que a impunidade de grandes sectores como a banca ou a enerxía se convirte en caldo de cultivo para o abuso continuado; no que a lexislación só maquilla (no mellor dos casos) os problemas pero non da resposta nin xiros imprescindibles; e no que a xustiza se amosa incapaz de dar solución ao crecente número de conflitos,abusos e fraudes masivos.
Por todo iso os consumidores reclamamos
Rematar coa impunidade da banca que estende os seus tentáculos e lobby nas institucións públicas.
Reformar en profundidade a inxusta lexislación hipotecaria e instrumentar un verdadeiro mecanismo de “segunda oportunidade” fronte ao endebedamento perpetuo ao que se nos pretende someter así como acabar coas abusivas cláusulas chan que golpean a economía de varios millóns de familias abocando a moitas delas ao non pagamento e ao desafiuzamento. Unha xustiza rápida, gratuíta e eficaz para os consumidores, favorecendo as accións colectivas e a garantía dunha xustiza universal.
Unha reforma profunda do mercado eléctrico que conte cos consumidores, e que garanta o suministro a un prezo xusto para tódalas familias. Un novo modelo de relacións de consumo con políticas económicas dedicadas e un novo marco normativo que fomente o consumo colaborativo, o autoconsumo enerxético, as cooperativas e o consumo local e ecolóxico.
A retirada inmediata do proxecto de TTIP (Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento) e que non volva a negociarse de costas aos consumidores. Unha nova banca e un novo sistema financieiro que conte no seu deseño coa cidadanía e os dereitos dos consumidores, que sexa transparante, democrático, xusto e solidario. e os dereitos dos consumidores, que sexa transparente, democrático, xusto e solidario.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario