26 de mar. de 2015

GASTRONOMÍA

VOLTA A RUTA DO PINCHO DE LAMPREA DO RÍO MIÑO

Nesta edición participan 18 establecementos de A Guarda e un de O Rosal

 Infogauda / A Guarda

 Durante nove días e coincidindo coa celebración da Semana Santa os veciños da Guarda e súa contorna, visitantes e turistas poderán disfroitar degustando pinchos de Lamprea do Río Miño.

 Nesta segunda edición participarán 18 restaurantes e bares de A Guarda e como novidade tamén participa un do Rosal. Todos eles ofrecerán o pincho da Lamprea do Río Miño a un prezo único de 2 €.

 Os horarios de degustación son os seguintes: De 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas.

 Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. 

 O sorteo realizarase o mércores 8 de abril e o venres 11. Os cinco premiados recollerán os agasallos: O 1º unha caixa de 6 botellas de viño Albariño e os demais unha caixa de 6 botellas de viño do Ribeiro cada un. 

 Tamén o venres 11 o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario