31 de mar. de 2015

A GUARDA

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULO DE TRACCIÓN MECÁNICA EXERCICIO 2015

 Dende o vindeiro día 1 de abril e ata o 7 de xuño de 2.015 estarán o cobro os recibos correspondentes ó Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica exercicio 2015.             

 No caso de que algún contribuínte non reciba a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose a Oficina de Xestión Tributaria (Rúa Jose M. Andreini, nº 6 - Baixo – Teléfono: 986 60 90 67) ou a través da web do Concello de A Guarda (Impresos >Trámites e impresos > Cartas de pagos), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pagamento nin da vía executiva.             

 A partires de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.   

Oficina Xestión Tributaria   
Concello de A Guarda 
Rúa Jose M. Andreini 6 Baixo
A Guarda
Teléfono /Fax: 986 60 90 67

Ningún comentario:

Publicar un comentario