23 de mar. de 2015

A GUARDA

   CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA DE NOVO UNHA MOCIÓN PROPONDO O PAGO FRACCIONADO DE PREZOS PÚBLICOS, TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS

  Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

  Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira do Grupo Municipal de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, para seu debate e aprobación, se procede, á seguinte moción:

FRACCIONAMENTO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS
      
   Como se poide observar na Acta da sesión Ordinaria do Pleno celebrado o día 28 de marzo de 2014, Converxencia Galega presentou unha moción propoñendo que se fraccionaran as taxas e prezos públicos, dada a situación económica existente nestes tempos de crise, e –según eles- dada a complexidade do asunto, o Grupo de Goberno do PSOE co Sr. Freitas a cabeza e co silencio dos seus concelleiros e a “complicidade” do resto da oposición, se acordou se deixara sobre a mesa, co fin de ser estudiado o asunto por todo-los Grupos Municipais e levalo próximamente.

   Despois de 12 meses, creemos que todos xa tiveron tempo de estudiar este tema. Voltamos a levar de novo a Pleno a moción para o “Fraccionamento dos prezos, taxas e outros impostos municipais do Concello de A Guarda”.

    Non son poucos os Concellos e Diputacións, que ante a situación de crise que levamos sufrindo dende fai case sete  anos de duración, e diante a delicada situación económica de moitos cidadáns, pequenos comeciantes, etc., e  para axudar a estes veciños, para non mingua-la recadación, para evitar recargos, multas e situacións de retraso e impagos,... teñen optado por implementar medidas alternativas que faciliten aos veciños/as o pago dos seus impostos, taxas,... e outros.

   Entendemos, que nunha situación onde moitos veciños teñen visto como os seus salarios foron reducidos nun 15%, ou outros moitos o perderon por estar no desemprego; ver como moitos prezos aumentaron moi fortemente os seus precios, no caso da luz ata nun 70%. A situación de moitos veciños, económicamente é de caseque afogamento; sobre todo naqueles meses onde se xuntan o pago de varios recibos, impostos municipais,..., ficando moitas economías familiares en situacións moi precarias.

  Por todo o exposto, dende Converxencia Galega voltamos a tomar  a iniciativa da Moción presentada no Pleno Ordinario do 28 de Marzo do 2.014, e vimos a propoñer ó Pleno a toma do seguinte acordo:

  1º) O Concello de A Guarda acorda modificar o funcionamento da Xestión Tributaria, có fin de implementar a medida do fraccionamento do pago, en 12 mensualidades, sen recargo; nos casos onde sexa posible a súa aplicación.

  2º)  Que a citada medida unha vez aprobada,  sexa posta en coñecemento dos veciños; para que aqueles que o necesiten, soliciten acollerse á mesma.

A Guarda, a 06 de marzo do 2.015

Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario