CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE "O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL TEN ESQUECIDAS SÚAS RESPONSABILIDADES"
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Portavoz Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda un escrito no que afirma o seguinte:
¡¡¡DEIXADEZ E ABANDONO NAS RÚAS!!!
Cando
pasear polas rúas do noso pobo debería ser gratificante no senso de atopar
veciños/as cos que poder falar, estáse convertindo nunha “odisea” de máximo
risco pola cantidade de “trampas ocultas” que poñen en risco a integridade
física de todo aquel que se despiste, teña poucos reflexos ou teña a vista e a
movilidade reducida.
Pola
outra banda, o Goberno Municipal que dende fai bastante tempo ten esquecido as
súas responsabilidade, ben sexa o Alcalde (en retirada), e os Concelleiros de
Vías e Obras, e o de Servizos e Tráfico, que están/estiveron liberados e
cobrando diñeiro público, saen ben nas fotos de prensa nas que reflicten as
súas grandes “facultades de xestión” pero que a realidade non coincide cos seus
discursos. ¿Será que sempre andan nos vehículos municipais en non pisan as
rúas? ¡Algún, somentes as que quedan perto de alambiques e
destilerías! E polo tanto non se preocupan do que acontece na maioría dos
barrios e rúas de A Guarda, ainda que esté a “tiro de pedra”, moi perto do
local do PSOE, e donde en distintas ocasións se teñen “esnafrado” veciños/as do
lugar.
Ainda
de que nos sigan decindo que as nosas denuncias non son certas, a realidade e moi tozuda, e as imaxes non nos deixan mentir, dende Converxencia Galega vimos
a solicitar que se impartan as órdenes oportunas para que se arranxen estes
problemas para evitar graves percances a tódolos/as que pasan polo lugar, e
recordando que por esa vía, tamén circulan os visitantes que acuden o noso
pobo, especialmente cando visitan o Monte Santa Trega.
A Guarda, a 12 de
Marzo do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez
“Chechu”
Portavoz Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Concelleiro de Servizo e Policia Local
Ningún comentario:
Publicar un comentario