A CASA DOS ALONSO DE A GUARDA
DISPORÁ DE REDE WIFI PARA INVITADOS CON
FONDOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
No centro da imaxe, a Casa dos Alonso, na Praza do Reló, de A Guarda - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Logo da súa recente rehabilitación como edificio consistorial, a Deputación de Pontevedra aprobou
esta mañá en xunta de goberno mellorar as infraestructuras e
equipamentos de climatización e telecomunicacións do novo edificio.
NOVOS EQUIPAMENTOS PARA
AFORRAR
Segundo o acordado na xunta de goberno deste venres, vanse destinar
163.546 euros do Plan provincial de obras e servicios de 2015 (PPOS) na compra
e instalación de novos equipamentos de climatización que garantan un mellor
aforro e eficencia enerxética en todas as dependencias do edificio guardés.
Asimesmo, segundo o proxecto presentado, tamén se aproveitaran as
infraestructuras xa existentes pero dotándoas dos mecanismos necesarios que
permitan paliar perdas de calor e poder emprega-los segundo a demanda de cada
momento.
WIFI PARA INVITADOS
No tocante ás telecomunicacións, o proxecto aprobado esta maña polo
organismo provincial tamén inclúe a instalación dunha rede Wifi para invitados.
Ampliarase a rede datos para evitar perdas na comunicación telemática e
habilitarase un sistema de alimentación ( SAI) que garanta o servizo en caso de
fallo no subministro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario