19 de feb. de 2015

TOMIÑO

O concello de Tomiño e a Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá Galega organizan esta fin de semana a feira da cervexa artesá


Infogauda / Tomiño

 Os afeccionados a cervexa artesá están de sorte esta fin de semana, xa que poderán probar ata 25 clases diferentes, participar nun concurso de lotes de cervexa e ata aprender como se elabora.  

 O Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá galega, organiza este evento que terá unha duración de dous días; sábado 21 e domingo 22 no segundo andar do recén transformado mercado de Tomiño.  

 O praceiros e os establecementos hostaleiros de Tomiño: O Buraquiño e Nueva Colina, serán os encargados da parte gastronómica desta feira, con pinchos e tapas que os visistantes poderán comprar nos postos do mercado e degustar na área de estar do segundo andar no que se atoparán os 8 artesáns cerveceiros que participan neste evento.  

 O sábado en horario de 20:00 a 22:00h e o domingo de 12:00 a 14:00 o grupo pop rock Acevedos Delgados actuará en directo para amenizar esta primeira feira celebrada no Mercado de Tomiño.  

 Coa celebración desta feira o Concello de Tomiño pretende dar a coñecer o novo mercado e promocionar o comercio local. Esta tamén será unha boa ocasión para dar a coñecer o segundo andar que no futuro estará adicado a gastronomía e servizos. 

 Os interesados en coñecer este espazo ou en abrir un negocio neste recinto, terán unha oportunidade única de velo en funcionamento.  

 A feira estará aberta de 11:00h a 01:00 da mañá. O sábado ás 17:00h terá lugar o curso de fabricación de cervexa artesá e o domingo pola tarde se realizará o sorteo de lotes de cervexa artesá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario