11 de feb. de 2015

SALCIDOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE SALCIDOS FELICITA OS EFECTIVOS DO G.E.S. 

Pola súa profesionalidade demostrada nunha incidencia cunha iegua preñada e accidentada

Eloi Gómez Mariño, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos - Foto: Infogauda

Infogauda / Salcidos

 Eloi Gómez Mariño, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos ven de presentar no Concello de A Guarda, unha comunicación na que di o seguinte:






Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro Responsable dos G.E.S.
Concello de A Guarda



 Eloi Gómez Mariño, en calidade de Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos, por medio deste escrito, ven a:

SOLICITAR:

 Que procedan a trasmitirlle ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais (G.E.S.) a nosa felicitación, agradecemento e profesionalidade demostrada no día de onte pola tarde, diante da situación plantexada cunha iegua preñada e accidentada nos nosos montes, da que estou seguro de que de non haber intervido da maneira que o fixeron, hoxe estaríamos comentando o falecemento da iegua e do potrillo que seguramente nacerá en poucos días.

 Por ser de Xusticia, en Salcidos, a 10 de febreiro do dous mil quince.

Eloi Gómez Mariño
   Presidente     

Ningún comentario:

Publicar un comentario