A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA AMPLÍA O PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS ATA OS 30 MILLÓNS € QUE
SERÁN DESTINADOS A INVERSIÓNS DOS CONCELLOS
·
Inicialmente,
a cantidade do PPOS 2015 era de 12 millóns e foi ampliada hoxe con outros 18 procedentes
da liquidación dos orzamentos do ano pasado.
·
Os
concellos poderán destinar o que lles corresponda a Inversiónse só nun 30% a
Gasto Corrente
·
Louzán
destaca a boa saúde financiera dos concellos da provincia que só gastaron
256.560 € en Gasto Corrente e amortizar ou pagar débedas, cando a partida
consignada para ese fin era de 3,6 millóns.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra
ampliou a dotación do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015) ata os 30
millóns de euros.
Inicialmente, a institución
provincial dotara este plan con 12 millóns que foron incrementados hoxe con
outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e
decidir destinar a citada cantidade de 18 millóns ao PPOS 2015.
Hoxe, no curso dunha comisión
informativa, foi aprobada a consignación final de 30 millóns e aprobadas as
bases do programa, algo que será ratificado no vindeiro pleno de finais de mes.
Esta cantidade de 30 millóns de
euros será distribuida entre 59 concellos da provincia (todos excepto Vigo,
Pontevedra e Mondariz Balneario) con criterios obxectivos acordados entre todos
os grupos e tendo en conta a poboación do concello (75%) e a súa extensión
(25%).
Os concellos poderán destinar a cantidade que lles
corresponda a Investimentos de
calquer obra que figure dentro da súas competencias e que, incluso, pode ser
cofinanciada por outra administración; e destinar tamén o 30% do que se lles
asigne a Gasto Corrente, é decir a amortización
de débedas con entidades ou acreedores; pago de débedas; e gasto corrente ou
gasto corrente novo.
Só 10 concellos usaron o 30% para Gasto Corrente
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou hoxe,
en rolda de prensa, que os concellos da provincia gozan de boa saúde
financieira e puxo como proba que só 10 destinaron en total 256.560 € a Gasto
Corrente cando a partida total destinada a ese fin era de 3,6 millóns € e o
ano pasado non foi gastada. Os 10
concellos que destinaron un total de 256.560 € a Gasto Corrente (con cantidades
que van dos 35.867 € de Moaña a os 19.535 e Gondomar) foron Agolada, Catoira,
Cuntis, Gondomar, A Lama, Meis, Moaña, Pontecesures, Salvaterra e Vilagarcía.
Louzán
congratulouse desa boa saúde financieira dos concellos pontevedreses pois así "poderán destinar todo o que lles corresponde no PPOS 2015 a inversións que
xeneran emprego e riqueza".
Ningún comentario:
Publicar un comentario