10 de feb. de 2015

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN INICIA UN NOVO PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN DOS SEUS FONDOS E DOS ARQUIVOS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA

·               Tén un prezo de licitación de 3 millóns de euros e dixitalizará máis de 12 millóns de imaxes, o que suporá unha información cun tamaño superior aos 300 Terabytes
·       Oito equipos de traballos cubrirán por zonas toda a provincia e traballarán dende cada concello
·     O proxecto inclúe un novo sistema de xestión arquivística e bibliográfica
·             Os cidadáns poderán consultar, vía Internet, o patrimonio documental e visualizar as imaxes dos fondos dixitalizados

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, a través dos servizos de Novas Tecnoloxías, de Patrimonio Documental e Bibliográfico e do Museo de Pontevedra, pon en marcha un novo proxecto de dixitalización do patrimonio xestionado pola propia institución e polos concellos da provincia de Pontevedra.
 Xa dixitalizadas 3 millóns de imaxes
 Este proxecto supón a continuación dos traballos iniciadosno proxecto "eDepo, a administración nun “CLICK”" que xa permitiu a creación dun “Centro de Coñecemento avanzado” e a dixitalización dunha parte importante dos fondos documentais, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Arquivo Provincial e dos fondos documentais dos concellos da provincia de Pontevedra(todos a excepción dos de Pontevedra e Vigo).
 Este proxecto inicial permitiu a dixitalización de mais de tres millóns de imaxes xerando información cun tamaño superior ós 100 terabytes.
 A continuación das labores de dixitalización enmárcanse dentro de proxecto "DepoTIC: a tecnoloxía nas túas mans”, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e inclúe no seu alcance a continuación dos traballos de dixitalización dos fondos documentais en todos os concellos da provincia de Pontevedra (a excepción de Vigo e Pontevedra) xunto coa dixitalización de fondos documentais, bibliográficos, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e do Museo de Pontevedra.
O novo proxecto
 Con este novo proxecto, cun prezo de licitación de tres millóns de euros,se prevé a dixitalización de máis de doce millóns de imaxes o que suporá unha información cun tamaño superior aos 300 Tb.
 Para a realización do proxecto se contará con escáneres profesionais de última xeración, como é o caso dos escáneres cenitais, recomendados para a dixitalización de fondos antigos e especialmente valiosos, que garanten un resultado final da máxima calidade.
 É de destacar ademais que a dixitalización dos arquivos municipais realizarase nas propias instalacións dos concellos. Para este cometido, a empresa adxudicataria constituíu un total de 8 equipos de traballo que se se desprazarán aos concellos, xunto coa infraestrutura de dixitalización que permita a realización do traballo coas garantías previstas, en función da proximidade dos mesmos ou do volume de documentación a dixitalizar en cada un deles.


 Os resultados dos proxectos de dixitalización impulsados pola Deputación de Pontevedraquedarán almacenados no CPD de institución que conta cun novo sistema de almacenamento, instalado recentemente na institución, e que dispón de máis de 400 Tb de capacidade.
Difusión e consulta
 Todas as iniciativas de dixitalización postas en marcha pola Deputación se complementan cun novo sistema de xestión arquivística e bibliográfica implantado recentemente. Este sistema está a contribuír na mellorado proceso de catalogación dos fondos xestionados pola Deputación e os concellos.
 Este sistema se complementará cun sistema de difusión na Internet que permitirá que os cidadáns poidan consultar o patrimonio documental xestionado pola Deputación e os municipios da provincia, incluíndo a visualización das imaxes dos fondos dixitalizados, sen necesidade de desprazamentos. A través deste portal, os cidadáns poderán consultar información dos expedientes de división territorial, libros de actas de pleno e Xunta de Goberno Local, heráldica municipal, libros de rexistro de bandos e edictos, expedientes de desafectacións e deslindes, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario