13 de feb. de 2015

O ROSAL

A DEPUTACIÓN LICITA, POR 508.000€ E UN PRAZO DE 6 MESES, UN TRAMO DA ESTRADA TABAGÓN-O ROSAL QUE CONECTARÁ ESTA VÍA COA AUTOVÍA TUI-A GUARDA
O fondo da imaxe, a esquerda, vista parcial do entorno onde se executarán ás obras da estrada Tabagón-O Rosal-Portocelo - Foto: Santiago Baz Lomba

Infogauda / O Rosal

 A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, a licitación da estrada Tabagón-O Rosal-Portocelo, entre os puntos kilométricos 1,9 e 2,6, por un importe de 508.054 euros e un prazo de execución de seis meses.
 Esta obra será financiada mediante un convenio entre ambas institucións no que o Concello de O Rosal aporta 127.000 euros e a institución provincial 381.040.
 O traballo que agora sale a licitación servirá para realizar a conexión da estrada provincial Tabagón-O Rosal coa vía de alta capacidade Tui-A Guarda ao seu paso polo Concello.
 As obras incluirán a dotación de servizos a todo o tramo e permitirán realizar reparacións, mellorar o trazado do actual tramo e a súa seguridade viaria.

 Na devandita estrada Tabagón-O Rosal-Portocelo, a Deputación xa actuou construindo unha rotonda, ensanchando a vía e mellorando a súa seguridade a través dunha obra executada pola empresa Manuel Pérez Portela SL que tivo un coste de 620.902€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario