20 de feb. de 2015

GOIÁN

CULTURA

O COMPOSITOR ANDRÉS ÁLVAREZ, DE GOIÁN, XA ESTÁ TRABALLANDO NA BANDA SONORA DA PELÍCULA O PISCO


 O compositor Andrés Álvarez, ven de comunicar que está "(...) comezando un proxecto moi especial, feito 100% por xente da miña vila, Goián. É un orgullo ser goianés por moitas cousas, e sen dúbida este tipo de proxectos é unha delas". 

 Andrés Álvarez está escribindo a banda sonora da película O PISCO da directora Reme Joián e idea orixinal do Grupo San Roquiño. O PISCO é unha longametraxe inspirada en feitos reais que narra historias e anécdotas goianesas. 

 Goián é unha vila da provincia de Pontevedra limítrofe con Portugal, só separados polo río Miño. Durante os anos da dictadura franquista en España o contrabando era unha forma de subsistencia de moitos veciños. O PISCO reflexa aquela época de dificultades e penurias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario