FESTIVAL TAÍÑA
Este sábado, 14 de febreiro celebrarase un ano máis na praza de Goián a 12ª edición do Festival Taiña
Elijah dende Suiza.
Elijah, nacido en Zurich, é un cantante multibilingüe e compositor que canta sobre todo o alemán de Suiza, Inglés, patois xamaicano e español. Seu estilo musical adéntrase nas raíces do Reggae mezclado con outros xéneros como o dub, bossa nova, rap e blues.
É multiintrumentista (guitarra, flauta, conga e compositor) Compón e produce case toda súa música.
Collón de Lola (Galiza)
Abrumados ao darse de conta de que todo tempo pasado foi mellor e, sobre todo, pasado, é dicir, que xamais volverá, lonxe de intentar deixalo todo atrás e mirar cara a adiante, 6 collóns procedentes de diferentes lugares de Galicia, como Ferrol, Caldelas de Tui, Santiago, Pontevedra e ata Francia ou Polonia, decidiron embarcarse na búsqueda do limbo onde o bocata de nocilla, o rock´n´roll e as series de televisión son os protagonistas; aqueles tempos nos que soamente tiñas que te preocupar de a qué nivel de superguerreiro chegaría Songoku ou se Crilín conseguiría ao fin reunir a valentía para meterlle ficha a c18.
Dende o ano 2011, a COLLOADA levou o seu espectáculo por toda Galicia, tocando en lugares como Ribeira, Arbo, Santiago de Compostela, Tui, Ferrol, A Guarda, Tomiño, Pontevedra, Redondela, Caldas de Reis, Pontedeume, Narón ou Tioira (Ourense) e non queren parar! Ofrécense para concertos, festivais, bodas polo civil e pola igrexa, cumpleanos, festa de piscina, bautizos, festas gastronómicas, bailes de fin de curso, etc..
O que este grupo busca e dar a entender á xente que NON hai futuro, e que o que temos que facer é recordar sen parar a través da música para que o tránsito ata o irrevocable final sexa máis agradable!
Maskarpone (OU / Galiza)
É un grupo (na súa gran maioría) de Ourense. Ainda que a formación xurde no 2010, non foi ata o 2013 que decidiron sair a montar a festa alá donde os chamen. Mesturan ska con rock, reggae, música tradicional ou o que lles pete, e intentar transmitir a enerxía que levan dentro en cada concerto.
Tras dous anos tocando en unha chea de recunchos do país deciden gravar seu primeiro EP (que se pode descargar de balde ou mercalo físicamente nos seus concertos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario