14 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE EXISTENTE NO ENTORNO DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ

Debido a deixadez e abandono de uns cadros eléctricos



As imaxes poñen en evidencia o perigo existente, debido a deixadez e abandono - Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega presentou no rexistro de entradas do Concello de A Guarda á seguinte comunicación:


¿SEGURIDADE PARA VISITANTES E VECIÑOS?

 Seguimos recibindo notas e fotografías sobre diversas situacións que se poden atopar en moitos sitios da nosa localidade.

 Despois de ollar unha serie de imaxes que nos fixeron chegar, atopamos de novo outro exemplo da deixadez e abandono en que se atopan a maioría das instalacións existentes en A Guarda, polo que de novo, presentamos o estado dos cuadros eléctricos do Castelo de San Cruz, donde cada pouco o Sr. Alcalde – en fuxida - e o Concelleiro de Cultura, - recién ascendido a Candidato - nos presentan fotos – a última sobre as andainas - sobre o ben que fan as cousas e como teñen o noso pobo, ¡¡de lástima!!

 Non ten lóxica que dende o Equipo de Goberno, estén a espera de que veciños, visitantes e dende Converxencia Galega presentemos escritos no rexistro sobre denuncias de arranxos, para impartir logo eles as órdenes de reparación da desfeita en que convertiron A Guarda.

 Seguimos reiterando que unha imaxe vale máis que mil palabras, e nunca mellor dito, e esperemos que namentras non toman a decisión, fagan algo para impedir o acceso a estes cuadros, e logo procedan da maneira máis urxente a arranxar este problemas denantes de que aconteza un percance, e logo todo sexan lamentacións para escurrir o “bulto”.

 Queremos deixar claro, que moitas das situacións de desfeita xeral, serían moito máis facil se os que cobran do Concello, andiveran a pé e non usaran e abusaran dos vehículos municipais, deste xeito, escoitarían aos cidadáns e verían o que hai polas rúas do pobo. 





 Finalmente, dende Converxencia Galega, queremos facer público que no derradeiro pleno municipal presentamos unha moción sobre desenrrolar un proxecto para controlar e arranxar a iluminación pública, e o Sr. Alcalde, unha vez máis, aplicando o abuso e facendo unha demostración “progresista” de “mando y ordeno” prohibiu levar a moción, e moito menos debatila, para non quedar en evidencia de como están as cousas, e dese xeito non trabucarse no “discurso propagandístico do paraíso celestial que estamos disfrutando” esta situación que  os “vellos do lugar” non recordan doutras épocas de gobernos de dereitas como o que temos hoxe en día. ¡Quien te ha visto y quien te ve! Estades facendo bós a tódolos anteriores, pero como dí o que “manda” no Concello, ¡Para o que me queda no convento, ccag…e mmmex…dentro! ¡Sin palabras!.

 A Guarda, 06 de febreiro do 2.015

  
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario