FORMIDABLE SÁBADO DE PIÑATA COA ORQUESTRA OLYMPUS
Na imaxe, un dos intres da actuación da Orquestra Olympus, na Alameda de A Guarda
Foto: Celia Martínez García
Infogauda / A Guarda
Por iniciativa de Espectáculos Galicia e Espectáculos Baixo Miño, coa colaboura da Asociación O Cancelón, a Alameda de A Guarda, acolleu desde a pasada medianoite do sábado ata ás 3:00 da madrugada deste domingo, 21 de febreiro de 2015, unha magnífica actuación da Orquestra Olympus, que de xeito ininterrumpido ofreceu a guardeses e visitantes un concerto sen precedentes.
A orquestra de Negreira, comezou seu espectáculo "EVOLUCIÓN" con música de inspiración sudamericana, con unha constante interacción co respectable, para ir interpretando unha variedade de temas de diferentes estilos, todos eles moi bailables, intercalando evocacións a Sala de Festas Fun-Chi 2, e mesmo a outras orquestras galegas de prestixio.
Con unha vistosa posta en escea, sen excesos innecesarios, a orquestra Olympus ofreceu un repertorio que en moitas ocasiones foi coreado pola maioría das persoas que procedentes de tódolos pobos do Baixo Miño e mesmo do Val Miñor, ateigaban o recinto da Alameda.
Sobre un amplísimo escenario móbil, pudemos disfroitar coas voces principais de Cristie Sánchez, Javi Mota, Danni Lamas e Frank Veliz; Teclados: Mero Alfonso; Cheli: Guitarra e voz; Polito: Trompeta e voz: Juan: Baixo; Anxo: Batería; Marcos: Percusión; Kotwey: Trombón e voz; Noelio: Trompeta, e Manuel: Saxofón.
No decurso do concerto houbo uns intres para á celebración multitudinaria dos cumpleanos de algunhas xóvenes e un neno de 6 anos, que formaban parte do público, e ademais de compartir esceario cos músicos, recibiron os parabens do respectable público.
Logo dese paréntese o concerto continuaría con unha enerxía musical que fixo posible que esa noite constituise unha experiencia moi grata para todos.
Vídeo I

Ningún comentario:
Publicar un comentario