26 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CALIFICA DE ANTICUADA E OBSOLETA Á "INFORMACIÓN" DE A GUARDA PUBLICADA POR UN PERIÓDICO PONTEVEDRÉS


Reproducción da "información" publicada.

Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

¡¡PUBLICIDADE ENGAÑOSA!!  
                       
 Recibimos un exemplar da revista “H.G.& T” Hostelería Galega e Turismo (Publicación Intersectorial de Periodicidade “mensual” correspondente os meses de xaneiro e febreiro 2.015, polo tanto, é unha publicación actual (que non actualizada) dirixida os profesionais do sector hosteleiro e turístico de Galicia.

 Non sabemos se a publicidade do Concello a pagamos os/as guardeses/as, si isto é así, por favor, que devolvan os cartos, pois non se poden decir cantas cousas en tan pouco espacio, e a maioría non é verdade. Ademais, si a pagamos con cartos públicos, os concelleiros de Turismo e o de Cultura (candidato do PSOE as vindeiras eleccións) deberían dimitir inmediatamente e sin mirar para atrás, xa que si a información a enviaron eles, mal, si deixaron que a escribiran outros e eles non a revisaron, peor, polo tanto, cero patatero, para o Equipo de Goberno Municipal do PSOE en A Guarda.

 Pero todo isto non queda aquí, neste número 192, promociónanse máis de 50 concellos, entre eles o noso, dentro dunha iniciativa, que sería positiva, se as cousas estiveran ben feitas, pero nada de nada, sendo un dos máis destacables, que entre as catro (4) fotos do apartado publicado sobre A Guarda, “colouse unha” que corresponde a Baiona. Ademais, o reportaxe de imáxenes que presenta, esquece o maior referente turístico do noso pobo como é o Monte de Santa Trega.

 A información que se publica, está anticuada ou obsoleta, polo que reflexamos varios exemplares:

a).- ¿Festa do Roscón de Yema “iniciada” en 1956? Nesas datas, foi cando se escomenzou a facerse a "rosca de xema” por Manolo Alonso, da Confitería Monserrat, canto traballaba en Estévez.

b).- ¿Festa de Exaltación do Peixe Espada? Celebrouse fai anos, pero donde vai que os espadeiros deixaron de facer esta festa.

c).- ¿Festa do Monte, na segunda quincena de agosto? Ata veciños e visitantes, sabemos, que a Festa do Monte de Santa Trega celébrase dende fai moitos anos a segunda semana de agosto.

d).- ¿Enterro do Peixe Espada no Entroido o mércores de cinza? Ademais de que o Enterro do Peixe Espada se facía por iniciativa privada dunha peña, xa fai máis de quince anos que non se celebra, nin esa nin outra actividade nesa data.

 Pero o máis relevante de todo, é que se fala da comunicación entre Caminha e A Guarda, e resulta que levamos case UN (1) ANO co ferri varado e sen funcionamento.

 Dende Converxencia Galega consideramos que “este tipo” de publicidade, o único que fai é confundir a aqueles posibles visitantes, polo que non é nada positiva para o noso pobo.

 De novo reiteramos que si este “traballo” vai ser pagado con cartos públicos, mellor que se adique a axudar a algún veciño en emerxencia, que nos será de maior proveito.

A Guarda, a 24   de Febreiro do 2.015


Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Turismo
Sr. Concelleiro de Cultura
Sr. Concelleiro de Patrimonio
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario