11 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA O INICIO DO EXPEDENTE ADMINISTRATIVO PARA DECLARAR "A EXTINGUIR" ÁS PRAZAS DA POLICÍA LOCAL
Beatriz Estévez Álvarez, concelleira portavoz  de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

  Beatriz Estévez Álvarez, concelleira portavoz  de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda á seguinte comunicación:

PRAZAS A EXTINGUIR DA POLICÍA LOCAL                                   
 No Pleno Ordinario do pasado 27 de setembro do 2.013, cando por primeira vez preguntamos ao Equipo de Goberno do PSOE pola aplicación da Disposición Adiccional 1ª da Lei 4/2007 (Lei de Coordinación das Policias Locais de Galicia). A resposta dada foi totalmente insatisfactoria, pois sobre todo denotaba ignorancia e total descoñecemento da materia.

 Deixamos pasar un tempo prudencial (12 meses) para ver que medidas tomaba o Sr. Freitas, pero como era de esperar e seguindo a súa forma normal de atalla-los problemas: pasividade absoluta; cando xurde algunha cousa, non se fai nada, déixase ata que explota a situación e logo xa se verá o que se fai, e xa se buscará a quen botarlle as culpas.

 Aclarando que a Lei 4/2007 (Lei de Coordinación das Policias Locais de Galicia) establece quer un dos resquisitos para ser Policía Local é estar en posesión da titulación académica oficial do GRUPO-C-1 (Bacharalato, FP-2 ou equivalente)

 ¿Que acontece con aqueles membros da Policía Local que no intre de entrar en vigor esta Lei non teñen esa titulación académica oficial? Para resolver esta opción está a Disposición Adicional 1ª que otorgaba un Plazo de TRES (3) anos, para cursar eses estudios oficiais, obter a titulación correspondente e acreditar a mesma ante a Administración Municipal.

 Transcurrido ese plazo de TRES (3) anos, que finalizou en maio do 2.010, aquelas prazas de Policía Local que os seus titulares non cursaran eses estudios, non obtiveran a titulación oficial nin acreditaran a mesma, na Disposición Adiccional 1ª se establece que esas plazas de funcionarios serán declaradas pola Administración Municipal “A EXTINGUIR”.

 Levamos máis de CATRO (4) ANOS sen aplicar esta normativa legal, non sabemos en que medida pode acontecer pola ignorancia ou incapacidade dos membros do Goberno do Sr. Freitas, pero o descoñecemento da Lei non exime nin é excusa para non cumplila, e para que estemos hoxe nesta situación fai falla a “complicidade” de quen cobra por ¿facer cumplir a Lei? no Concello.

 Tendo en conta, que “algún membro” do Equipo de Goberno, dun xeito moi trivial, - buscando introducir medo e incertidume na Policía Local - se adica a “burlarse dos mesmos con chistes bastante caducados, queremos clarexar que a declaración de “Plaza a extinguir” sinala que o ocupante dela non pode presentarse a plazas de ascenso, e que dita plaza desaparece no momento da súa xubilación, ben por edade ou por incapacidade.

 Aclarado iso, refrescarlle a memoria a autoridade local que se dirixe aos membros da Policía Local, como “Corpo a extinguir” como unha maneira de burlarse deles, ou inducilos a quenes denuncian a ocasión. Clarexarlle que a Lei non a elaborou este Grupo Municipal, polo que os responsables desta situación son outros que co seu silencio ou ca “man arriba” a aproban no Parlamento.

 Dende Converxencia Galega, nos escritos con Rexistro de Entrada nº 7.149 de 1º de decembro do 2.014 e no nº 248 do 13 de xaneiro do 2.015, solicitamos a relación de prazas que deben ser declaradas a extinguir por aplicación da Disposición Adiccion al 1ª da Lei 4/2007, o atoparse séus titulares en situación de carencia de titulación académica oficial do Grupo C-1.

 Dado que a día de hoxe, ainda non obtivemos resposta do Sr. Alcalde nin do Concelleiro Delegado da Policia Local, así como tampouco de quenes teñen a obriga de facer cumplir a Lei dentro do Concello, dende o Grupo Municipal de Converxencia Galega, vimos a solicitar que en cumplimento das disposicións que sinala a Lei 4/2007, se proceda a dar inicio o Expediente Administrativo para declarar “a extinguir” as prazas da Policia Local, que séus titulares non teñan a titulación académica oficial esixida para ocupar as mesmas dentro do Grupo C-1.

A Guarda, a 10 de Febreiro do 2.015



Beatriz Estévez Álvarez    
Concelleira Portavoz  de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sra. Secretaria
Sra. Interventora
Sra. Tesoreira
do Concello de A Guarda                

Ningún comentario:

Publicar un comentario