CONVERXENCIA GALEGA COMUNICA Á XUNTA DE GALICIA "O REPARTO DE PREMIOS" ENTRE OS VECIÑOS DOS PASEOS MARÍTIMOS
Vehículo de titularidade muniicipal do Concello de A Guarda, estacionado indebidamente no paseo da Rúa do Porto, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de remesarlle á Portos de Galicia, á seguinte comunicación:
¡¡UN BO EXEMPLO!!
Cada pouco
recibimos aviso de diversas falcatruadas cometidas por distintos persoeiros
municipais, que consideran que “todo é deles” e están por riba do ben e do mal.
Fai poucas
datas, un veciño noso, fíxonos chegar esta fotografía, xa que reiteramos que
unha imaxe vale máis que mil palabras, e neste caso, o que está a vista non
necesita demostracións.
Temos que
decir que cando a concelleira que facía uso do vehículo, o percatarse que
estaban sacándolle unha fotografía, púxose “farruca” – o mellor sería decir
grotesca e fanfarrona” -, berrando, “(...) sácame
la foto (...) que si quieres te digo lo que hago con ella (...).”
O malo de todo
isto, que quen ten a obriga de vixiar e controlar as condicións do paseo (para
pasear, andar a pé) as poucas horas que vive no noso pobo, “ten tantas
ocupacións e preocupacións” que hai veces que da noxo ver como está esta zona.
O malo é que a
veces cando está en A Guarda, “reparte premios” entre os veciños, e nalgunhas
ocasións, polo que dín de maneira “selectiva”, que da a impresión que case
sempre son os mesmos, o anterior o indicamos, porque fai poucos días estivemos
ollando o expediente sancionador dún guardés que fai pouco foi premiado, e logo
vénnos a memoria a cantidade de vehículos que están aquí e noutros puntos dos
paseos marítimos, sin que aparezca ninguén, que non se dacate do que ocurre, ou
mira para outro lado, pero xa é outro cantar.
A Guarda, a 25 de Febreiro do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Xunta de
Galicia
Consellería
do Medio Rural e do Mar
Servizos Centrais
Portos de
Galicia
Praza de
Europa, 5-A, 6º
Polígono de Fontiñas
15707
Santiago
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario