O ciclo “Cine e Memoria II” acolle o documental “A Volta dos Nove” este mércores no Auditorio Municipal de Gondomar
Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar
 O vindeiro mércores 15 de outubro ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental “A Volta dos Nove” (Galicia, 2014) do director gondomareño Antonio Caeiro. Será no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío, no marco do ciclo Cine e Memoria II, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.
 O pase do filme coincidirá co 78 cabodano do asasinato destes nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista na curva do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos, onde por décadas nove cruces rachadas na beira da estrada gardaron a memoria e teimaron na denuncia do crime. Esta é a historia que recupera o filme "A Volta dos Nove", realizado por Caeiro xunto coa documentalista Margarita Teijeiro .
 O documental completa a "Tristoloxía" da memoria oral segundo o ten sinalado Caeiro, tamén autor e director dos filmes "Aillados" (2001) e "A memoria do wolfram" (2003).
 Trala exhibición terá lugar un coloquio co público asistente. 

 
 
 
.jpg) 
 
.jpeg) 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario