3 de out. de 2014

DEPORTE

As deputadas Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez inauguráronas hoxe en Crecente e Pontevedra, respectivamente

MÁIS DE 9.000 NENOS E NENAS COMEZAN ESTES DÍAS O CURSO NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN

·       Ademais das actividades de fútbol, balonmán, judo, patinaxe, piragüismo, rugby, atletismo e taekwondo, este ano súmase o baloncesto como nova disciplina
·       As actividades van dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos
Infogauda / Pontevedra

Máis e 9.000 nenos e nenas comezan nestes días o curso das escolas deportivas da Deputación de Pontevedra, que cada ano aumentan o seu número de participantes e conforman xa unha ampla rede de promoción do deporte entre os máis cativos.
As deputadas Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez inauguran hoxe tres das preto de 280 escolas que botarán a andar ao longo deste mes.
Trátase, concretamente, das de patinaxe e fútbol en Crecente, ás que acudiu Begoña Estévez; e a de patinaxe no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, que abrirá Ana Isabel Vázquez.
Ambas as dúas destacan o papel que esta actividade xoga no achegamento dos máis pequenos ao deporte e, especialmente, permitindo que moitos concellos pequenos poidan ampliar a súa oferta de actividades para os escolares e contribuíndo a difundir disciplinas deportivas que, sen o apoio da Deputación, dificilmente chegarían a todos os recunchos da provincia.
De outubro a maio
Ás actividades de fútbol, balonmán, judo, patinaxe, piragüismo, rugby, atletismo (escola de marcha) e taekwondo que xa se viñan desenvolvendo nos últimos anos, súmase neste curso o baloncesto, como unha disciplina deportiva máis que se oferta no marco destas escolas, dirixidas a nenos e nenas de toda a provincia con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.
As actividades comezan nestes primeiros días de outubro e estenderanse ata o 31 de maio.
A elevada demanda que se está a rexistrar con este comezo do curso, unido á ampliación das escolas e ao feito de que a inscrición permanecerá aberta durante todo o curso, fai prever que nesta edición se superarán os 9.000 alumnos (no curso pasado ascendeu a 8.601).
Así, unha das escolas na que xa se percibe un notable incremento da demanda é a de patinaxe, que vén sendo habitualmente unha das máis solicitadas e na que o pasado ano participaron máis de 1.500 nenos e nenas, distribuídos nas 25 escolas abertas en diversos concellos.
Foi a terceira actividade en número de participantes, só superada pola de balonmán que, con 148 escolas presentes en máis de 30 concellos, acadou a cifra de 2.734 alumnos e alumnas, é fútbol, con 1.900 escolares distribuídos en 46 escolas.
Malia a súa recente implantación, piragüismo (2012) logrou situarse xa como a cuarta disciplina con máis alumnos, superando os 850 no pasado curso. Séguelle rugby, con 700 alumnos; Judo, con 560; natación, con 153; marcha, con 100 e taekwondo, implantada o pasado curso e que conta con 100 alumnos distribuídos en 3 escolas.




ESCOLAS DEPORTIVAS CURSO 2013-14 POR COMARCAS E CONCELLOS




MODALIDADES








Comarca
Concellos
Balonmano
Futbol
Taekwondo
Patinaje
Judo
Rugby
Marcha
Natación
Piragüismo
Escuelas
O BAIXO MIÑO
A GUARDA
5
3







8

OIA
1
1


1




3

O ROSAL
3
1

1


1


6

TOMIÑO
5
3

4
1



1
14

TUI
8
1

1




2
12
TOTAL  BAIXO MIÑO
22
9
0
6
2
0
1
0
3
43
CALDAS
CALDAS DE REIS






1


1

CATOIRA








1
1

CUNTIS






1


1

MORAÑA
1
1

2
1




5

PONTECESURES








1
1

PORTAS









0

VALGA
1
1

1
1




4
TOTAL CALDAS
2
2
0
3
2
0
2
0
2
13
O CONDADO
AS NEVES

1


1




2

MONDARIZ








1
1

MONDARIZ - BALNEARIO








0

PONTEAREAS
6
1


1




8

SALVATERRA DE MIÑO








0
TOTAL O CONDADO
6
2
0
0
2
0
0
0
1
11
DEZA
AGOLADA

1

1





2

DOZÓN









0

LALÍN
7


1





8

RODEIRO
1
1

1





3

SILLEDA









0

VILA DE CRUCES









0
TOTAL DEZA
8
2
0
3
0
0
0
0
0
13
O MORRAZO
BUEU
6








6

CANGAS
18





1

2
21

MARÍN
6







1
7

MOAÑA
6








6
TOTAL O MORRAZO
36
0
0
0
0
0
1
0
3
40
A PARADANTA
ARBO
1
1







2

COVELO









0

CRECENTE
1
1

1





3

A CAÑIZA
3








3
TOTAL A PARADANTA
5
2
0
1
0
0
0
0
0
8
PONTEVEDRA
BARRO







1

1

CAMPO LAMEIRO

1

1





2

COTOBADE

1
2




2

5

A LAMA









0

POIO
1


1




1
3

PONTE CALDELAS


1






1

PONTEVEDRA
15
2

1
1

1

4
24

VILABOA








2
2
TOTAL PONTEVEDRA
16
4
3
3
1
0
1
3
7
38
O SALNÉS
CAMBADOS
1
1

1




1
4

O GROVE
4







1
5

A ILLA DE AROUSA








1
1

MEAÑO
1








1

MEIS









0

RIBADUMIA



1
1



1
3

SANXENXO
1
1






1
3

VILAGARCÍA DE AROUSA
3






1
4

VILANOVA DE AROUSA
1







1
TOTAL SALNÉS
7
6
0
2
1
0
0
0
6
22
TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
CERDEDO

1

0





1

A ESTRADA









0

FORCAREI

2

2





4
TOTAL TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
0
3
0
2
0
0
0
0
0
5
VIGO
BAIONA



1
2



1
4

FORNELOS DE MONTES
2
1







3

GONDOMAR
2
3

2
1




8

MOS
6








6

NIGRÁN








1
1

PAZOS DE BORBÉN
1








1

O PORRIÑO
10
2







12

REDONDELA
9
1







10

SALCEDA DE CASELAS
2








2

SOUTOMAIOR
1


1



1

3

VIGO
13
9

1
1
2


1
27
TOTAL VIGO

46
16
0
5
4
2
0
1
3
77












TOTAL ESCUELAS EN LA PROVINCIA
148
46
3
25
12
2
5
4
25
270
TOTAL NIÑOS/AS  EN LA PROVINCIA
2.734
1.900
100
1.500
560
700
100
153
854
8.601




Ningún comentario:

Publicar un comentario