11 de out. de 2014

A GUARDA

Acto de homenaxe ás vítimas de Sestás

CCOO pide lembrar as persoas que loitaron pola liberdade

Infogauda / A Guarda

 Coma cada ano, a agrupación comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo organizou unha homenaxe ás vítimas da fosa común de Sestás, na Guarda.

 CCOO considera «de xustiza» lembrar e coidar «a memoria das mulleres e homes que loitaron a prol da defensa dos seus ideais e da liberdade». Esa é a premisa que move a agrupación comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO, que traballa acotío para que eses valores sexan «recoñecidos pola cidadanía» e para que «a historia non se esqueza».

 Lembran, ademais, que sen a loita destes homes e mulleres «non sería posible gozar do estado democrático en que vivimos, coas melloras sociais e laborais de que dispoñemos» e polas que «cómpre seguir loitando».

Ningún comentario:

Publicar un comentario